Así foi o ano 2025

Felicia Tilea, Carlos Taboada e Celso Bugallo

2025 | O ano marcha deixando perdas significativas no ámbito cultural, deportivo e social

30/12/2025
Pontevedra

O 2025 bota o pano deixando tras de si un ronsel de ausencias destacadas en diversos puntos das Rías Baixas. Perdas notables nos ámbitos culturais, sociais, políticos e deportivos.  CULTURA E ARTE Xaneiro | César Lombera: O escultor que humanizou as rúas de Pontevedra co seu Monumento á Tertulia no Café Moderno. A...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Mónica Patxot
Pedro Almodóvar posa co seu premio Feroz 2025

2025 | A Pontevedra máis 'feroz' reuniu toda unha constelación de estrelas do cine español

30/12/2025
Pontevedra

Nunca unha alfombra vermella despregouse en Pontevedra con tal fulgor como neste 2025. Tras meses de actividades previas, os Premios Feroz atraeron a Pontevedra a toda unha constelación de estrelas do cine e da televisión. Ninguén quixo perderse unha cita na que Pontevedra brillou con luz propia, situándose por méritos propios como...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Manifestación en Pontevedra en apoio á flotilla de axuda a Gaza

2025 | Compromiso firme de institucións e cidadanía contra o xenocidio en Gaza

30/12/2025
Pontevedra

Pontevedra fixo seu o clamor internacional contra o xenocidio en Gaza e, durante o ano 2025, sucedéronse mostras de apoio tanto por parte do Concello como da sociedd civil que se manifestou masivamene en apoio ao pobo palestino ou os distintos negocios da cidade. O primeiro gran xesto chegou en xuño,...

Natalia Puga
A princesa Leonor recibe a Gran Cruz ao Mérito Naval durante a entrega de reais despachos

2025 | Leonor pecha a súa etapa naval en Marín entre honras, emoción e morriña

30/12/2025
Marín

Este 2025 Leonor de Borbón puxo fin á súa etapa de formación na Escola Naval Militar de Marín. Entre xaneiro e xullo, a herdeira ao trono embarcouse no cruceiro de instrución do Juan Sebastián de Elcano, sete meses de océanos e portos que a levaron por case unha decena de países,...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Intervención artística de Patrick Warrener sobre a fachada da Peregrina

2025 | A Bienal volveu… e quedou. A arte fixo ruído en Pontevedra

30/12/2025
Pontevedra

A Bienal de Arte de Pontevedra volveu tras 15 anos de silencio… e fixo ruído. Ruído cultural, social e emocional. Ese que deixa pegada. Ese que fai dicir aos seus organizadores que esta 32ª edición "pasará á historia". E motivos non lles faltan xa que acadou máis de 125.000 visitantes, respaldo...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Mónica Patxot
Concerto de Jennifer Lopez en Pontevedra

2025 | JLo, o furacán musical que iniciou a súa xira europea en Pontevedra

30/12/2025
Pontevedra

Non é habitual que Pontevedra acapare as miradas da música internacional. Quizá a vez anterior fora, alá por 1999, co concerto que ofreceu Elton John na praza de todos. Pero este 2025 volveuno a conseguir. Fíxoo coa actuación dunha das grandes estrelas da música, a estadounidense Jennifer Lopez. En xullo,...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Así se viviu o apagón eléctrico durante a noite do luns 28 de abril

2025 | O ano do apagamento xeral

30/12/2025
Pontevedra

O luns 28 de abril de 2025 converteuse, por sorpresa, nunha data que quedará marcada na cidadanía polo inusual que resultaba o apagamento eléctrico masivo en toda España deixando á poboación da comarca e das Rías Baixas sorprendida ante unha situación que nunca se rexistrou. Sobre as doce do mediodía, un...

Anxo Lourido
Mónica Patxot
17 mozas presentáronse na Cea-Baile do Liceo Casino 2025

2025 | Da vaquilla do Grand Prix ao baile da Peregrina no Casino: as novas máis vistas

30/12/2025
Pontevedra

A actualidade local, os grandes nomes e tamén as historias humanas marcaron en 2025 o interese dos lectores de PontevedraViva, que volveron demostrar que o pulso informativo da comarca mídese tanto en polémicas como en emoción, denuncia social e celebración. Un dos temas que máis clics acumulou foi a controversia xurdida...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Visita da conselleira María Martínez Allegue ás novas vivendas de Valdecorvos (18)

2025 | O ano do impulso á vivenda protexida en Pontevedra

30/12/2025
Pontevedra

Mentres o problema da vivenda afoga en toda España, con prezos disparados e unha oferta claramente insuficiente, Pontevedra viviu en 2025 un importante pulo na creación de vivendas, en especial as de protección pública. Todo iso nun contexto nacional marcado por unha crise estrutural na que faltan vivendas, a construción avanza...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Mónica Patxot
Concerto do centenario da Coral Polifónica

2025 | Ano de homenaxes a Castelao e á Coral Polifónica

30/12/2025
Pontevedra

O ano 2025, declarado oficialmente Ano Castelao, marcou un período de intensa actividade cultural e de fonda reverencia cara á figura poliédrica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A celebración do 75 aniversario do seu pasamento impulsou unha programación diversa e participativa, que tivo como eixe central a posta en valor do...

Anxo Lourido
Mónica Patxot
Cristina Saiz
Persoal de Ence nunha xornada de folga

2025 | Un ano de tensións en ENCE marcado por conflitos laborais

30/12/2025
Pontevedra

O ano en curso foi testemuña dun intenso panorama arredor da empresa Ence en Pontevedra, caracterizado por unha serie de situacións que abarcan desde o seu compromiso coa descarbonización ata conflitos laborais, disputas xudiciais pola súa permanencia na ría e a promoción de iniciativas de responsabilidade social. O ano comezou con Ence...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Mónica Patxot
Algunhas das persoas participantes e convidadas aos podcast de PontevedraViva Radio este 2025

2025 | Máis de cen mil escoitas durante 2025 apoian os podcast de PontevedraViva

30/12/2025
Pontevedra

A evolución do podcast español na última década é exponencial tanto en cantidade como en calidade das producións. Tamén as súas audiencias, que dez anos atrás aínda eran discretas en cifras, pasaron a ser actualmente consumidoras masivas deste produto. Esa progresión é que a veñen rexistrando os podcast que desde 2015 produce...

PontevedraViva
Obras para a creación do Parque da Parda

2025 | Pasos en firme para avanzar cara a unha Pontevedra máis verde

30/12/2025
Pontevedra

Aínda que se deron pasos en anos anteriores, non foi até este 2025 cando comezaron a encaixar as pezas dispostas polo goberno municipal para 'reverdecer' Pontevedra. Facer que a cidade sexa cada vez máis verde, renaturalizando espazos que até agora estaban degradados, foi unha das principais liñas de traballo do executivo...

Alejandro Espiño
Accidente de tráfico na variante de Caldas

2025 | A actualidade detívose nas estradas, con mortos de tráfico e carreiras ilegais

30/12/2025
Pontevedra

A actualidade do ano 2025 detívose de forma especial nas estradas pontevedresas, tanto pola súa accidentalidade como polas accións policiais por delitos de tráfico. Un ano máis, houbo que lamentar graves accidentes de tráfico, o último, este mesmo mes de decembro, un atropelo mortal a un home de 78 anos na...

Natalia Puga
Carreira elite e sub23 feminina de dúatlon no Multisport de Pontevedra

2025 | Un Multisport que mantivo a Pontevedra no centro do tríatlon mundial

30/12/2025
Pontevedra

Tríatlon e Pontevedra volveron ir da man en 2025 cun gran evento internacional. Por segunda vez na súa historia a Boa Vila foi a sede dos Campionatos do Mundo Multideporte (Multisport), un evento que concentraba os mundiais de tríatlon de longa distancia, dúatlon, acuatlón, aquabike, dúatlon cros e tríatlon cros. Entre o 20...

Diego Espiño