5,5 millóns de cupóns da ONCE para conmemorar o 75 aniversario do Pontevedra

Pontevedra
11 de outubro 2016

O Estadio Municipal de Pasarón será a imaxe do cupón da ONCE o vindeiro domingo 16 de outubro, como homenaxe ao Pontevedra Club de Fútbol o día do seu 75 aniversario. Os cupóns, ademais de en os puntos habituais, poderanse adquirir no propio estadio durante o partido ante o Lealtad

Presentación do cupón da ONCE conmemorativo do 75 aniversario do Pontevedra PontevedraViva

O Estadio Municipal de Pasarón é a imaxe elixida para ilustrar o cupón da ONCE do próximo domingo 16 de outubro, coincidindo co 75 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol.

O club granate será protagonista en todo o Estado, xa que o cupón levará gravado a inscrición "75 Aniversario (1941-2016). Pontevedra CF, SAD".

En total distribuiranse 5,5 millóns de cupóns, nunha iniciativa que parte do "cariño de nuestro presidente, Miguel Carballeda, hacia el club y la ciudad", sinalou Manuel Martínez, delegado da ONCE e Galicia, en relación ao presidente da entidade, pontevedrés de nacemento.

"Es una contribución humilde pero es lo más valioso que tenemos, la imagen de nuestro cupón", completou, ao que a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, engadiu que "va a ser un recuerdo para siempre".

Ademais de nos puntos habituais, o cupón poderá adquirirse o propio domingo 16 no Estadio Municipal de Pasarón, durante o partido que enfrontará ao Pontevedra e Lealtad.

O cupón da ONCE ofrece, as fins de semana, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón do número e serie premiados na primeira extracción. Ademais, premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, aos catro cupóns dos números e serie premiados nalgunha das extraccións da segunda á quinta. 54 premios de 20.000 euros ás cinco cifras do número premiado na primeira extracción. E premios de 400, 200, 30, catro e dous euros.

Arquivado en