Gómez Rivera deixará o venres a presidencia da Cámara de Comercio

Pontevedra
30 de xaneiro 2013

O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, José Antonio Gómez Rivera, presentou formalmente a súa dimisión ao Comité Executivo da entidade. Segundo explicou, faino porque se xubila o 1 de febreiro. La Cámara abordará o calendario para a elección do novo presidente, cargo que quedará vacante aínda que asumirá as súas responsabilidades de xeito provisional o vicepresidente segundo, José Manuel Seoane, antigo director de ENCE Pontevedra. Mentres tanto a institución pasará a estar tutelada pola Xunta de Galicia

O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, José Antonio Gómez Rivera, presentou formalmente a súa dimisión ao Comité Executivo da entidade. Segundo explicou, faino porque se xubila o 1 de febreiro.

Gómez Rivera ocupaba a presidencia da Cámara "en funcións" substituíndo ao empresario Francisco Moldes, que dimitiu cando apenas levaba un ano á fronte a patronal.

O Comité Executivo da Cámara abordará o calendario para a elección do novo presidente, cargo que quedará vacante aínda que asumirá as súas responsabilidades de xeito provisional o vicepresidente segundo, José Manuel Seoane, antigo director de ENCE Pontevedra.

Mentres tanto a institución pasará a estar tutelada pola Xunta de Galicia. Obrigada a reestruturar o seu modelo de financiamento e as súas funcións, a renovación dos ÿrganos de goberno da Cámara pontevedresa chega nun momento especialmente complicado, con varios procesos xudiciais en marcha, por supostas irregularidades na xestión, ilexitimidade dos seus órganos de goberno e acoso laboral.

Neste último caso, o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, tomou declaración esta mañá a Mateo Benavides, xefe de prensa da Cámara de Comercio, que foi despedido o pasado 28 de decembro. Esta declaración enmárcase na investigación iniciada a raíz da denuncia presentada por presunto acoso laboral por tres dos catro traballadores despedidos pola Cámara de Comercio.