O concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, recolleu este mércores na sede da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) dous equipos EPIS de loita contra a vespa velutina, no marco dun convenio asinado entre ambas as dúas administracións.
Cada un dos equipamentos está composto por un traxe de algodón transpirable, unha carapucha fabricada en tecido resistente e transpirable con ventilacións e cremalleira facial para instalar os visores, un casco ventilado, un manguito téxtil e unha luva fabricada en compoñentes moi resistentes, conectable ao traxe e ao manguito téxtil.
Ademais, e tal e como destacou o concelleiro Fidel Castro, desde AXEGA comprometéronse a facer entrega en breve dunha pértega, xa que non a tiñan disponible hoxe no almacén.
A adquisición deste equipamento está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80% no marco do Programa Operativa FEDER de Galicia 2014-2020.
CAMBADOS
Na medianoite deste martes, a agrupación de Protección Civil de Cambados tivo que acudir á Subestación de Vilariño para retirar un niño de avispas asiáticas dunha torre.