Mar Seaxá
Preparadxs, listxs, xa!
Xoves 9 ás 22:30h. Faltaba unha hora e media para comensar a campaña electoral. Se vos sou sinsera, non tiña pensado ir á pejada de carteis, pero ao final lioume un indesiso que quería ir ver o que disían xs candidatxs. Creo que vou quitar a x, porque ao fin de contas os cabesas de listas son todo homes, testosterona dando jas a tope. Se esto dependera das femias castradoras, outra jaliña cacareaba. Dádenos tempo e veredes que somos lentas pero sejuras.
Chovía e eu non levaba paraujas, cousa que me amolou bastante porque fun coa miña porca Marjarita, que estivera toda a tarde botando un sono no sofá e non
fixera ninjuna actividá. Secar a unha porca é difísil, méteselle a auja no pelo e coma o ten tan duro acabo con todas as toallas feitas un cristo.
Cando chejei ao lujar onde ían faser a pejada, púxenme un pouco nerviosa porque estaba a música tan alta coma a dos cochitos da feira, os ruidos son a miña critonita pero ía resistir, todo fora porque o indesiso tomara unha desisión.
Alí había un recuncho para que cada quen pejara uns carteis. O primeiro era o de Lores, que dixo que o mellor está por vir, e non sei se se refería a que ía parar de chover ou que lojo había festa, pero a xente que alí estaba paresía convensida.
Ao carón de Lores estaban os de CxG, e o que estaba a pejar o cartel levaba un chapeu. Eu pensei que entre o chapeu de este e o jabán de Lores podían faser un bó disfrás de inspector Jadllet. Pero bueno, que eu dispérsome moito, o caso que o do chapeu aparte de botarlle enjrudo ao cartel tamén fixo un jrafiti,
coma o Bansqui pero non tan artístico, a verdade.
O do Psoe, que foi o único que non mollou o pelo, porque non o ten, puxo uns carteis cunha foto en branco e nejro que realsaban o seu paresido a o señor
Barns, o dos Sinson, cando ía polo bosque ensendido coma unha bombilla.
Sidadáns tiñaa un cartel do jrupo que se presentaba coma as fotos que se fan ao jraduarse no colexio.
Marea puxo un cartel coa foto dun chapón, sejindo coas fotos de colexio. Logo souben que era a foto do que vai de primeiro.
Tamén había xente de Recortes Sero, que non sei se é un partido en contra das castradoras pero se é así, que saiban que non imos deixar de recortar a ninjén, que é a nosa vida e que non nos amolen.
Coma empesou chover bastante máis, ao contrario do que dixo Lores que todo ía a mellor, fun correndo con Marjarita e o indesiso de Lourenso o indesiso cara ao Teucro. Cando chejamos alí había un home falando que se Pontevedra non sei que do mar, non sei que de traballo, aljo de que tiña janas... e rematou disindo: ajora o chocolate! E vin que entraba nunha furjoneta. Miña nai, coma o do brequinbad! Drojas na furjoneta, corrompendo á xuventude a cara descuberta! Coma pode ser iso nun candidato, que isto son elesións, non o 25M! Sexo, drojas e elesión, estase a perder a esensia democrática e por riba amenasan con que van ir por toda Pontevedra a repartir chocolate, Qué vai ser dos pequenos traficantes? Vai ser entreja porta a porta coma as piserías ou que? Unha jran incónita que se vai despexar nesta campaña. Eu recoméndolles que se corten un pouco, que a imaxe que van dando non é a mellor, nen droja nen drojo. Non é sano e punto.
Cando crin que xa vira todo, prejunteille a Lourenso que se xa estaba desidido. E non, non o estaba. Eu mollada, Marjarita mollada e a piques de coller unha jripe as dúas. Non o pensei máis, corteillos sen que tivera tempo nen a ver o que lle fixera. Eu si son desidida e o meu coitelo está sempre afiado.
Femia Castradora