Dani Antelo
Banana Snif
As series de ficción sobre o narcotráfico proliferaron como churros durante os últimos anos. Producións como Narcos e Fariña, contan historias sobre os inicios desta actividade a unha e outra orilla do charco. Na serie distribuida por Atresmedia, por exemplo, déixase entrever toda unha estructura asentada na sufrida economía local da costa galega. Xóvenes e non tan xóvenes "movendo farlopa" a esgalla, presos do billete rápido que non ofrece unha xornada laboral precaria ou inexistente. Tras o visionado destas series, parte da audiencia comezou a cuestionar os escrúpulos das producións por creer que endeusaban dalgunha maneira a figura do narco. A ficción é ficción e hai que entendela como tal. Que o público indentifique ese estereotipo coa maldade ou bondade dentro das contradicións que suscita a psicoloxía da propia personaxe, é sinal de que o guión está escrito de maneira intelixente. Como tamén require de gran creatividade por parte dos guionistas, saber encaixar os anacos de realidade prestados da vida cotiá dentro dun produto de ficción. Todo isto, axuda a crear tramas onde sentimos empatía ou odio polas personaxes. Sen esas premisas non existe historia atractiva, polo tanto non haberá unha conexión co público.
O guionista valerase moitas veces dunha mistura entre empatía, imaxinario e realidade. Feitos latentes na sociedade poden chegar a se converter en puntos de partida para a inspiración. Un deses feitos que encaixaría de maneira perfecta nunha escena de ficción, son os casi 700 kg de cocaína camuflada entre bananas, interceptada a semana pasada dentro das instalacións responsabilidade da Autoridade portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. A acción da Garda Civil, anunciouse na prensa como parte dunha gran operación antidroga a escala mundial. Dende logo, o feito daría para rexistrar un sinfín de historias máis baixo o celuloide.
Nunha España cos mairoes índices de consumo, dentro dunha Unión Europea que tamen consume, os capítulos entre narcos e policías seguirán a escribir as páxinas desta novela, perdurable no tempo desde fai décadas no noso país. A legalización sempre estivo presente como unha alternativa, pero pouco ou nada aceptada por parte da moralidade lexislativa común. “España bebe, España se droga", como di aquela letra de Siniestro Total; “Snif, snif, todo por la nariz".