Gonzalo Sancho
Amil sen eólicos
A Natureza e as súas forzas sempre foron e serán oportunidades e recursos para a humanidade.
Como tales valores tamén sabemos que non están exentos de ameazas.
Esta dualidade dáse en moitos factores, como o vento, o mar, a auga da choiva e mesmo o aire que respiramos.
As Brañas do Acibal son un paraxe idílico, un locus amoenus. Debería de ter todalas figuras de protección ambiental e biolóxica que a lei prescribe nestes casos.
Precisamos de moito control, porque si deixamos liberdade total, os recursos acaban desaparecendo.
Digamos o mar, por exemplo. Ai, se non houbese control. O Mar iría a pique.
No tema das enerxías temos o Consello Económico e Social de Galicia (CES) que ven de reclamarlle a Xunta de Galicia a posta en marcha dunha Empresa Pública de Enerxía.
A titularidade das instalacións de xeración de enerxía eléctrica de Galicia está en mans de compañías extranxeiras, cuxa sede social e tributaria está fora da nosa Comunidade. O 88% da potencia da enerxía hidráulica e 75% da eólica.
O que reclama o CES é para que "cante outro galo galego".
Téñenno que pedir eles?. A Xunta de Galicia non o ve?
Oportunidades e recursos tamén son o seres vivos do ecosistema, a paisaxe; a paz o silencio e o aire que respiran estos veciños que non queren o parque eólico nos montes de Amil.
Os axados arqueolóxicos son parte primordial da nosa existencia e historia, legado atávico dos nosos devanceiros.
Como se pode desprezar esta peza tan fundamental da nosa cultura con un potencial económico ainda por descubrir?
A Xunta de Galicia está moi equivocada desatendendo as demandas da Sociedade que pide "AMIL SEN EÓLICOS".
Asinado: Gonzalo Sancho Blanco
Presidente de Vaipolorio