O programa (en)Volve regresa polo Nadal na busca de cómplices dos Reis Magos
Por Diego Espiño
É xa un imprescindible das festas do Nadal. A iniciativa (en)Volve prepara unha nova edición para que ningún neno, nena ou adolescente en risco de exclusión social quede sen agasallo este Nadal.
Para logralo o programa municipal busca cómplices dos Reis Magos, e abriu o seu período de captación (accede aquí ao seu formulario de inscrición).
Cabe lembrar que hai un ano foron 455 as persoas que colaboraron coa campaña participando como cómplices e logrando que 427 menores recibisen un agasallo novo na noite de Reis.
Como en anteriores ocasións as persoas que se anoten recibirán por Whatsapp unha carta dun dos nenos implicados con tres opcións de agasallo e todas as instrucións necesarias para colaborar. De aí deberán escoller unha opción cun prezo máximo de 35 euros.
Unha vez mercado o agasallo, deberá ser entregado na Casa Azul no prazo máximo de dúas semanas tras a recepción da carta.
Desde a concellería de Benestar Social trasladaron un chamamento á cidadanía para que colabore e converta un ano máis o (en)Volve nun éxito.
Como novidade, nesta ocasión a empresa Juguettos colabora coa campaña ofrecendo un 10% de desconto aos que participen comprando un xoguete da súa marca propia nas súas dúas tendas de Pontevedra, nas rúas Augusto González Besada e Frei Xoán de Navarrete.
Relacionadas:
-
Máis de 300 cómplices converten nun éxito un ano máis o programa municipal (EN)Volve
Por Redacción |
-
Apertura do prazo para solicitar un posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Dúas xornadas de Panxoliñas no Teatro Principal coa participación de sete corais
Por Redacción |
-
Reparten 27.000 flyers para fomentar as compras no comercio local
Por Redacción |
-
A Praza da Ferrería, protagonista das fotos do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
3, 2, 1… Luz: o Nadal xa ilumina Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Conta atrás para iluminar o Nadal pontevedrés
Por Redacción |
-
"Un xoguete baixo a árbore", campaña solidaria de Novas Xeracións do PP
Por Redacción |