Denuncian a carencia de pediatras durante o Nadal en Marín, cunha soa profesional para urxencias
Por Redacción
O BNG volve poñer de manifesto as "deficiencias" que afectan aos servizos sanitarios en Marín e sinala que un "exemplo paradigmático" desta situación estase a vivir estes días, coa carencia de pediatras durante as vacacións de Nadal.
Os nacionalistas falan de "situación crítica" e consideran que é consecuencia da "falta de planificación e recursos" por parte do Sergas.
Así, denuncian que hai unha única pediatra para atender urxencias nun momento de elevada demanda sanitaria.
"Este feito resalta a insuficiencia de persoal, un problema persistente que afecta á calidade xeral dos servizos sanitarios", indica Lucía Santos, voceira do BNG, que lembra o momento actual de epidemia estacional de gripe con aumento de infeccións respiratorias e contaxios por COVID e gripe A.
A nacionalista lembra que "a precariedade do servizo de pediatría non é unha novidade", xa que o centro de saúde do municipio opera desde hai tempo con menos pediatras dos necesarios para atender a máis de 3.500 pacientes.
Na súa opinión, esta "lamentable" realidade reflicte "a precariedade coa que o servizo está a levar a cabo a súa labor" como consecuencias das "políticas de recortes e privatización" levadas a cabo polo Partido Popular (PP) no servizo de sanidade pública durante os últimos 14 anos.
Ademais, insiste en que a falta de pediatras é só a punta do iceberg nun sistema de saúde que "opera ao límite". "A escaseza de recursos humanos non é un fenómeno illado, senón unha realidade constante na que os servizos de saúde traballan con persoal insuficiente para atender á poboación", sinala.
Lucía Santos insta á cidadanía a unirse á denuncia destas deficiencias presentando reclamacións ao Sergas.
Relacionadas:
-
O centro de saúde de Marín sumou un psicólogo clínico ao seu persoal no mes de xaneiro
Por Redacción |
-
O BNG propón un plan de choque para a situación "dramática" da sanidade
Por Redacción |
-
Encarnación Lucas foi presentada coma nova directora do distrito sanitario do Salnés
Por Redacción |
-
A Xunta amplía a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
O centro de saúde de Marín rematou 2023 "ao bordo do colapso" e con 22 días de agarda para atención primaria
Por Redacción |
-
O BNG volve pedir solucións para o centro de saúde de Marín, no que as Urxencias se viron "desbordadas"
Por Redacción |
-
Decepción entre os alcaldes de PSOE e BNG en Pontevedra tras reunirse co conselleiro de Sanidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha fronte de alcaldes pide que Rueda asista á reunión para tratar a situación sanitaria do distrito de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontón denuncia que o Goberno do PP ten unha estratexia deliberada de peche progresivo dos PACs de atención primaria
Por Redacción |
-
Preocupación no BNG polo peche de consultas médicas en horario de tarde no Centro de Saúde de Marín
Por Redacción |