O BNG volve pedir solucións para o centro de saúde de Marín, no que as Urxencias se viron "desbordadas"
Por Redacción
O BNG de Marín volve chamar a atención sobre a situación actual da asistencia sanitaria no municipio e, en concreto, sobre o funcionamento do centro de saúde de Marín, no que denuncia "falta de médicos e de atención á cidadanía nas urxencias" e pide solucións.
En canto ao servizo de Urxencias, sinalan que durante esta pasada semana se viron "desbordados unha vez máis" e que se produciron longas esperas para moitos pacientes.
A concelleira do BNG Celia García Santomé lembra todas as concentracións e manifestacións celebradas nos últimos anos demandando unha sanidade pública e de calidade e critica que "semella que a atención do Goberno local non está enfocada nunha das peticións máis importantes da nosa veciñanza".
Así, sinala que no pleno do xoves 10 de agosto consultou a situación coa alcaldesa, María Ramallo, preguntándolle se tiñan coñecemento de que as listas de agarda xa alcanzan os 15 días e as esperas en urxencias son "eternas" pero a resposta da rexedora foi que "defendía que o ocorrido era por baixas e vacacións".
Para a nacionalista, estas baixas e vacacións "non pode ser a escusa de que o centro de saúde de Marín quede baixo mínimos".
Celia García afirma que "a prioridade dunha administración para co seu pobo pasa por uns servizos de calidade dignos, como a sanidade pública e de calidade", e engade que "esta problemática está a afectar periodicamente á cidadanía marinense sen que o Goberno Local faga presión á Xunta de Galicia na busca de melloras na sanidade de Marín".
Relacionadas:
-
O BNG propón un plan de choque para a situación "dramática" da sanidade
Por Redacción |
-
O centro de saúde de Marín rematou 2023 "ao bordo do colapso" e con 22 días de agarda para atención primaria
Por Redacción |
-
Denuncian a carencia de pediatras durante o Nadal en Marín, cunha soa profesional para urxencias
Por Redacción |
-
Autobuses desde numerosos concellos para secundar a manifestación de SOS Sanidade Pública en Santiago
Por Redacción |
-
Unha fronte de alcaldes pide que Rueda asista á reunión para tratar a situación sanitaria do distrito de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Entrega de carbón da Plataforma de Seixo á xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
Denuncian o ataque de ansiedade sufrido por unha enfermeira tras quedar soa na atención do PAC de Marín
Por Diego Espiño |
-
Pontón denuncia que o Goberno do PP ten unha estratexia deliberada de peche progresivo dos PACs de atención primaria
Por Redacción |
-
Preocupación no BNG polo peche de consultas médicas en horario de tarde no Centro de Saúde de Marín
Por Redacción |
-
Convocan unha nova manifestación pola sanidade pública diante do Centro de Saúde de Marín
Por Redacción |