
© Mónica Patxot
Unha fronte de alcaldes pide que Rueda asista á reunión para tratar a situación sanitaria do distrito de Pontevedra

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Un total de trinta representantes de BNG e do PSdeG-PSOE, entre os que se atopaban oito alcaldes e dous tenentes de alcalde, acudían este mércores á convocatoria realizada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para mostrar a súa preocupación pola situación actual da sanidade pública na área sanitaria do distrito de Pontevedra. Os integrantes do Partido Popular rexeitaron esta invitación.
Durante este encontro elaboraban un manifesto que trasladarán ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en que denuncian que se atopa en risco a saúde das persoas debido a que non hai persoal médico para cubrir os nove Puntos de Atención Continuada (PAC) desta zona; o persoal de enfermería está sometido a un "estrés sobrehumano" e todos a PAC e centros de saúde carecen dun "funcionamento normal" que provoca un colapso posterior en urxencias hospitalarias.
Expoñen que neste mes de xaneiro faltou asistencia médica en Anafáns, Baltar, Bueu, Caldas de Reis, Carballedo, O Grove, Marín e A Parda sen que, segundo entenden, haxa visos de que a Xunta de Galicia cambie esta situación nun futuro próximo.
O número de pacientes que cada profesional médico de familia ten asignado impide que realice o seu "traballo como realmente saben" e "que non se atenda debidamente a xente", apuntaba Miguel Anxo Fernández Lores, preocupado pola situación destes profesionais. "A situación non está mellorando despois da pandemia e o que pedimos é que se tomen para que a xente poida ser atendida nun tempo razoable de tempo", afirmou o rexedor da capital.
"No momento actual cando unha persoa necesita dun persoal sanitario non ten vez máis que dentro dunha semana ou 15 días ou por vía telefónica ou vai peregrinando nas consultas", sinalaba o alcalde pontevedrés indicando que isto afecta á saúde da poboación.
Pola súa banda o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, ía máis aló e ante a reunión anunciada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para o xoves 26 de xaneiro no edificio administrativo da Xunta en Campolongo reclamou a presenza de Alfonso Rueda, presidente da administración autonómica. O alcalde socialista avanzou que acudirán igual á reunión aínda que non se atenda esta demanda pero consideran que o lóxico é que asistise o máximo representante do executivo galego.
Díaz rexeita a "escusa permanente" de que non hai médicos engadindo que de 725 MIR convocados polo Estado, un centenar quedou sen cubrir, entre eles Neuroloxía e Saúde Mental "o que nos parece enormemente grave". Engadiu que é unha obrigación como alcaldes "velar pola saúde dos nosos veciños".
No manifesto piden á Xunta que se melloren as condicións laborais do persoal médico, que se cubran as prazas vacantes para garantir unha atención sanitaria digna e resólvanse os problemas nas urxencias hospitalarias, especialmente nas pediátricas.
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, alertou de que hai pacientes que se atopan obrigados a acudir á sanidade privada e que renuncian aos medicamentos receitados nestas consultas "porque non os poden pagar".
Todos fixeron un chamamento a participar da manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública.
Ao acto asistiron os seguintes representantes:
1. Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
2. Andrés Díaz Sobral, alcalde de Ponte Caldelas
3. Juan M. Rey Rey, alcalde de Caldas de Reis
4. César Poza González, alcalde de Vilaboa
5. Manuel Campos Velay, alcalde de Cuntis
6. Luciano Sobral Fernández, alcalde de Poio
7. Félix Juncal Novas, alcalde de Bueu
8. Xosé M. Fernández Abraldes, alcalde de Barro
9. Martín Casais Doval, concelleiro de Sanidade con delegación do alcalde de Meis.
10. Marga Caldas Moreira, BNG Poio
11. Carlos Acuña Rubianes, BNG Vilaboa
12. Jose Antonio Otero González, concelleiro EU de O Grove
13. David Torres Mascato, Voceiro BNG O Grove
14. María Sol Seoane Ventín, concelleiro BNG Ponte Caldelas
15. José M. Aspérez Montes, Meaño independente.
16. Lucía Santos Omil, voceira BNG Marín
17. Martina Viéitez Ferro, concelleira e representante Porvir Campo Lameiro
18. Xosé Leal Fariña, Voceiro grupo BNG Bueu
19. Sandra Carballa Vázquez, responsable municipal BNG Meis
20. Manuel Lourenzo, Voceiro BNG Soutomaior
21. Ana Couto Cerviño, voceira e concelleira PSdeG-PSOE Cerdedo-Cotobade.
22. Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro BNG Pontevedra
23. José Ignacio Toruiño Paz "Iñaki", Voceiro PSdeG-PSOE A Lama
24. María Ángeles Domínguez Fernández, tenente de alcaldesa O Grove
25. Ernesto M. Filgueira Touriño, Voceiro BNG Cerdedo-Cotobade
26. Roberto Rivas Reboredo, tenente de alcalde Barro.
27. Manuel Fariña Souto, Voceiro BNG Caldas
28. Marcos Suárez Redondo, Voceiro BNG Moraña
29. Vanessa Rodríguez Búa, concelleira Ciudadanos Sanxenxo
30. Sandra Fernández Agraso, concelleira BNG Sanxenxo.
Demandas para o distrito sanitario de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Denuncian a sobrecarga de traballo nos servizos de limpeza do Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O BNG volve confiar en Félix Juncal para manter a Alcaldía e lograr un "Bueu de Excelencia"
Por Redacción |
-
Denuncian que en Sanxenxo van derivar pacientes pediátricos a médicos de adultos sen preparación específica
Por Redacción |
-
Lores empraza a García Comesaña a un encontro "individual" ao non poder asistir ao de toda a área sanitaria
Por Redacción |
-
Nos últimos meses aumentou nun 50% o espazo urbano para o tránsito peonil en Cuntis
Por Redacción |
-
Moraña sae á rúa para esixir que se cubran as vacantes no centro de saúde
Por Redacción |
-
Rueda non asistirá á reunión cos alcaldes e considera que o seu manifesto sanitario é "puramente político"
Por Oskar Viéitez |
-
García Comesaña, sobre as demandas sanitarias dos alcaldes: "É un tema partidista, meramente político"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
María Ramallo, sobre a convocatoria sanitaria de Lores: "É unha reunión máis de foto que de fondo"
Por Anxo Lourido |
-
Guerra política aberta arredor da situación sanitaria na área de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Convocado un encerro dos celadores para o luns 23 de xaneiro en Montecelo
Por María José Pita |
-
A mesa da sanidade de Poio pon o foco na falta de profesionais e o colapso de Urxencias
Por Redacción |
-
"Non hai médicos, volvémolo dicir", a explicación da Xerencia sobre a falta de facultativos nos PAC do distrito de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Montecelo, colapsado por falta de médicos nos PAC, pide compresión aos pacientes: "a demora non é arbitraria"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada