Denuncian a aparición dunha pedra de grandes dimensións fóra da zona de obras do polígono eólico de Acibal
Por Redacción
O movemento veciñal Amil Sen Eólicos puxo en coñecemento do Seprona o achado dunha pedra de grandes dimensións fóra da zona de obras do parque eólico que se contempla no monte Acibal, proxecto que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspendeu preventivamente en outubro do ano pasado.
Este proxecto eólico afecta os concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña.
O achado, segundo detallan desde o colectivo, corresponde a unha pedra de granito dunhas catorce toneladas e que presenta buracos para inserir dinamita "como os que Norvento realizou para a dinamitacion do Coto do Mouro". Dita mole - como relatan -, "rodou descontroladamente monte abaixo ata chegar a 215 metros do límite das obras, xusto debaixo da explosión que voou polo aire o Coto do Mouro".
Estes testemuños engaden que presuntamente durante a dinamitación do Coto do Mouro, "da que non tivemos aviso previo aviso", "a pedra atravesou ata dous camiños de monte e destruíu xestas de ata catro metros de altura coma se fosen palla".
"Os veciños tememos as catastróficas consecuencias de que un veciño atopásese pola zona o día das voaduras", engaden.
Ademais da integridade física destas persoas, tamén manifestan a súa preocupación pola dos petróglifos que estes veciños notificaran con anterioridade.
Relacionadas:
-
O TSXG acorda paralizar as obras de construción do parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos
Por Oskar Viéitez |
-
ADEGA presenta a demanda ante o TSXG pidindo a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal
Por Anxo Lourido |
-
O Concello de Barro paraliza a execución dunha plataforma para transporte de aeroxeradores
Por Redacción |
-
Suspendido preventivamente o parque eólico de Porto Vidros, entre Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións de dous parques eólicos
Por Redacción |
-
Expoñen un vídeo para denunciar o uso non autorizado de maquinaria pesada nos arredores de petróglifos do Monte Acibal
Por Anxo Lourido |
-
'Salvemos o Acibal' analizou os desafíos dos montes galegos ante a irrupción dos parques eólicos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Programada para este xoves 11 unha xornada activista en defensa do monte Acibal
Por Anxo Lourido |
-
Multitudinaria mobilización en Amil "contra os gobernos e especuladores"
Por Redacción |