O concurso pensado para combater o tedio do confinamento xa vai pola quinta edición
Por Oskar Viéitez
O 14 de marzo de 2020 o Goberno declarou o estado de alarma en todo o territorio español para afrontar a situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19. O estado de alarma prorrogouse ata as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020.
Durante eses días de confinamento naceron multitude de iniciaitivas para combater o aburrimento, entre elas a asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns puxo en marcha unha divertida campaña coa que tamén recuperaba unha tradición que nos últimos anos está a perderse como é a confección de espantallos.
Desde esta asociación O Chedeiro convocan de novo á veciñanza de Cerponzóns ao quinto concurso de Espantallos. Como nos anteriores anos, os Espantallos terán que estar expostos a partir do mes de abril é ata o último día de maio.
Para levar a cabo a elaboración dos espantallos, os participantes só poderán utilizar materiais como envases e botellas de plásticos, latas de refrescos, tapóns, bolsas de plástico, arames, papel, ou roupa usada, entre outras posibilidades.
Para participar poñerse en contacto coa asociación chamando ou no wasap do teléfono 628387430 ou no correo: aavv.chedeiro.cerponzons@gmail.com