A confraría de San Patricio espera alcanzar os 10.000 fieis
Por Mónica Patxot
Se acompaña o tempo, a festa de San Patricio, espera alcanzar os 10.000 visitantes. Así de optimistas se mostran no Mareantes Rugby Club que dende este mércores teñen aberta a carpa da praza de España na que se celebra esta festa gastronómica de tradición irlandesa.
A festa permitirá financiar a escola do club coa recente incorporación do novo equipo feminino do Mareantes. Unha cuarta parte do presuposto anual.
En canto aos prezos os cadelos quentes sérvense a 2,50 a unidade, as salchichas irlandesas custan 3 euros, os bocadillos de xamón asado 3,5 o mesmo prezo que as hamburguesas, os pratos combinados custan 6 euros e as tapas de calos valen 1,50.
En canto á cervexa, cóbrase a 3,50 euros o vaso de 50 centílitros de Guinnes e a Murphy, mentres que a Heineken custa 3 euros e as augas e refrescos a 1,50 euros.
Relacionadas:
-
A chuvia altera o programa escolar de rugby na rúa do Mareantes
Por Redacción |
-
Os hostaleiros, 'cabreados' pola retransmisión do Madrid-Barcelona na carpa de San Patricio
Por Redacción |
-
O Mareantes recupera o seu equipo feminino cinco anos despois
Por Diego Espiño |
-
Chega o IV Festival de San Patricio do Mareantes Rugby Club
Por Diego Espiño |
-
Que corra a cervexa! San Patricio, xa está aquí
Por Redacción |