As empresas pontevedresas teñen ata o 22 de abril para solicitar á Deputación mozos en prácticas
Por Redacción
As empresas de Pontevedra interesadas en recibir mozos titulados universitarios e de FP para que teñan a súa primeira experiencia laboral con cargo á Deputación Provincial teñen ata o 22 de abril para presentar as súas solicitudes.
O prazo inicialmente establecido para que as empresas poideran presentar as súas solicitudes remataba o luns 7 de abril, pero ven de ser ampliado tras un acordo da Xunta de Goberno da institución provincial.
A Deputación puxo en marcha este Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado coa finalidade de promover e completar a formación de mozos pontevedreses formados, pero sen experiencia laboral, en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.
O Plan, que xa chega á súa segunda edición, comprende 500 bolsas de práctica laboral e decidiuse ampliar o prazo de entrega de solicitudes co fin de cumprir con maiores garantías os seus obxectivos.
Relacionadas:
-
Preto de 1.000 empresas optan ao plan de práctica laboral da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación convoca 400 novas prazas de práctica laboral en empresas
Por Oskar Viéitez |
-
400 empresas da provincia adhírense ao segundo plan de prácticas laborais da Deputación
Por Redacción |
-
"No encontraba salida laboral sin pensar en emigrar"
Por Natalia Puga |
-
Un total de 479 empresas requiriron xa aos mozos cualificados que subvenciona a Deputación
Por Oskar Viéitez |