O ámbito da Praza de Abastos de Marín adapta o seu horario de aparcadoiro aos clientes
Por Redacción
As rúas situadas no ámbito da Praza de Abastos de Marín adaptarán as súas normas de estacionamento para permitir que os clientes poidan realizar as súas compras e xestións breves deixando o coche aparcado xusto ao lado en horario de mañá.
Unha vez finalizadas as obras de acceso pola entrada principal da praza, o Concello de Marín e os comerciantes acordaron unha utilización especial do espazo de aparcadoiro da zona de Exército e Mariña e da que xa existía da rúa Serafín Tubío. Comerciantes e Concello consensuaron o horario de aparcadoiro e de carga e descarga, para optimizar a zona e facilitar as compras aos clientes.
Na rúa Exército e Mariña, haberá horario de carga e descarga ata as 10.00 horas. A partir desa hora e ata as 14.00 horas, os usuarios da praza terán 30 minutos de aparcadoiro para poder realizar as súas compras.
Na rúa Serafín Tubío, o aparcadoiro regularase de 08.00 a 14.00 horas e poderase aparcar 30 minutos para poder realizar as compras. Aquí non haberá espazo reservado para carga e descarga.
O obxectivo desta actuación é dinamizar este espazo a aquelas persoas que requiren dun curto espazo de tempo para parar e realizar a súa actividade comercial polas mañás.
Relacionadas:
-
Sorteo público para os postos vacantes do mercado de Marín
Por Redacción |
-
As praceiras de Seixo contentas co resultado da reforma da Praza de Abastos
Por Redacción |
-
A empresa Narón SL acometerá a reforma do acceso principal á Praza de Abastos de Marín
Por Redacción |
-
Marín aproba o acondicionamento da entrada ao Mercado de Abastos
Por Redacción | Creada e actualizada