A empresa Narón SL acometerá a reforma do acceso principal á Praza de Abastos de Marín
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Marín aprobou este xoves a adxudicación das obras de acondicionamento do acceso principal á Praza de Abastos. Este proxecto foi tramitado e aprobado. Ten a autorización favorable de Patrimonio e foi tramitado como un proxecto de urbanización.
Esta obra realízase cunha subvención do Grupo de Acción Costeira do que forma parte o concello de Marín.
O día 17 de xullo foron aprobados os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas para a adxudicación polo procedemento negociado, polo importe desta. Foron presentadas catro ofertas, resultando unha delas en baixa temeraria, e estando o resto en disposición e parámetros para poder realizar a obra.
Das ofertas presentadas, resulta a máis beneficiosa para os intereses do concello de acordo cos pregos que foron aprobados á empresa Naron, S.L. á cal se lle requiriu a presentación da documentación así como do aval correspondente.
Non infúe na rúa Exército e Mariña que continuará co mesmo sentido de circulación
Nos próximos días realizarase, se se achega a documentación que é obrigatoria, a adxudicación definitiva pasando a realizarse a obra da beirarrúa e o acceso principal do mercado de Marín por un importe de 73.315,17 euros financiada, salvo o IVE, integramente pola Consellería do Medio Rural e do Mar.
O prazo para levala para efecto é de tres semanas, e en consecuencia os traballos realizaranse nun curto espazo de tempo, tratando de producirse as menos incomodidades e molestias tanto aos postos de mercado coma aos usuarios e clientes.
A obra é do acceso, e en nada se inflúe na estrada nin no asfalto da rúa Exército e Mariña que continuará co mesmo sentido de circulación.
Relacionadas:
-
As praceiras de Seixo contentas co resultado da reforma da Praza de Abastos
Por Redacción |
-
O ámbito da Praza de Abastos de Marín adapta o seu horario de aparcadoiro aos clientes
Por Redacción |
-
Avanzan a bo ritmo as obras para mellorar a Baixada a Aguete e o acceso ao mercado de Marín
Por Redacción |
-
Unha subvención da Xunta permitirá afrontar melloras nos mercados de Marín e Seixo
Por Redacción |
-
Marín aproba o acondicionamento da entrada ao Mercado de Abastos
Por Redacción | Creada e actualizada