As praceiras de Seixo contentas co resultado da reforma da Praza de Abastos
Por Redacción
As praceiras de Seixo trasladaron aos responsables da Xunta e do Concello de Marín a súa satisfacción polo resultado da reforma acometida no edificio. O obxectivo dos traballos foi a modernización e mellora das instalacións, coa reparación das escaleiras, a limpeza da cuberta e o pintado das fachadas.
O proxecto para a reforma do mercado municipal marinense supuxo un investimento de 30.310,50 euros, dos o 75% foi aportado pola administración autonómica.
As obras consistiron na reparación das escaleiras de pedra do acceso, limpeza da cuberta, reparación e pintado da porta principal, reparación de pavimentos, pintado de fachadas interior e exterior e colocación dun rótulo exterior de PVC.
Na provincia de Pontevedra, as axudas aportadas pola administración autonómica para este tipo de obras supuxeron case 2 millóns de euros, facilitando así a execución de obras e melloras que contemplan un investimento total de 2.781.670,2 euros.