A Deputación ocupa a máis de 1.500 persoas co último Plan de Emprego aprobado
Por Redacción
Fomentar o emprego é un dos obxectivos do actual goberno da Deputación de Pontevedra. Emprego, ademais, de calidade e de respecto aos dereitos dos traballadores. Con esa finalidade o pasado mes de setembro aprobouse un Plan de Emprego que supoñerá crear no que resta de ano máis de 1.500 postos de traballo.
A iniciativa está auspiciada no segundo Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais de 2015. Desta forma, xérase emprego de calidade á vez que os concellos poden seguir prestando os servizos básicos que demanda a cidadanía.
Todos os concellos da provincia presentaron este mes de outubro o número de traballadores que precisan e que se beneficiarán deste Plan de Emprego. De acordo ao Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais, a repartición de postos de traballo realízase en función da poboación dos municipios. Aqueles que teñen ata 2.000 habitantes puideron solicitar ata 14 traballadores; entre 2.000 e 5.000 habitantes correspondían 20 empregados; para os que contabilizan entre 5.000 e 10.000 habitantes correspondían 24 traballadores; para municipios entre 10.000 e 20.000 habitantes podían solicitar ata 30 postos; entre 20.000 e 50.000 habitantes eran 34 traballadores e finalmente para concellos con máis de 50.000 a cota era de 36 traballadores.
Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes por parte dos concellos da provincia, recibíronse ata 1.514 demandas para múltiples categorías profesionais que requiren as administracións locais e que están detalladas na web da Deputación de Pontevedra.
Durante os dous meses de duración dos contratos, as xornadas laborais serán de 35 horas semanais e os salarios superan os 900 euros mensuais. Para o ano próximo a intención da entidade provincial é que o Plan de Emprego mantéñase en termos semellantes aos do que xa está en marcha, é dicir coas mesmas condicións laborais e salariais. Mesmo, non se descarta que as persoas que resulten beneficiarias desta convocatoria, continúen neses postos de traballo no plan previsto para 2016.
Relacionadas:
-
O PP asegura que as nóminas do "mini" Plan de Emprego da Deputación son de "miseria"
Por Redacción |
-
1.500 persoas comezan a traballar na provincia a través do Plan de Emprego da Deputación
Por Redacción |
-
Poio contratará 30 persoas grazas ao Plan de Emprego da Deputación
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará 30 traballadores con cargo ao Plan de Emprego provincial
Por Redacción |
-
Os 62 concellos da provincia de Pontevedra apúntanse ao Plan de Emprego da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O novo plan de emprego da Deputación duplicará o salario que recibirán os seus 1.550 beneficiarios
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación intentará mellorar as condicións dos bolseiros nun novo plan de emprego
Por Oskar Viéitez |