A peonalización de Castelao e Cruz Gallástegui, prioridade para 2016
Por Alejandro Espiño
Tras peonalizar o tramo final de Benito Corbal, o Concello de Pontevedra trasladará este mesmo modelo a dúas rúas da súa contorna. Tal e como se anunciou, Castelao e Cruz Gallástegui seguirán os seus pasos. Será ao longo deste ano 2016, segundo avanzou o concelleiro de Obras, Luís Bará, que sinalou que esta actuación nun dos ámbitos máis comerciais da cidade é unha "prioridade" para o goberno municipal.
Bará, que vinculou esta peonalización coas demandas dos comerciantes de ambas as rúas, explicou que Castelao e Cruz Gallástegui pasarán a ter un tratamento preferentemente peonil con plataforma única, elevando o pavimento á altura das beirarrúas. Será unha solución similar á adoptada en Benito Corbal, aínda que se manterá a circulación para residentes e servizos.
Ademais, o Concello planea actuar tamén en Benito Corbal, entre o cruzamento con Sagasta e o Hospital Provincial. Alí é "difícil", segundo o edil do BNG, que se poida dispoñer de plataforma única porque "hai que manter o tráfico cara Barcelos", pero suxeriu que se apostará por un "novo reparto" da mobilidade entre peóns e vehículos. En concreto, inicialmente proxéctase ampliar as beirarrúas e reducir os aparcadoiros na zona.
En todo caso, o goberno municipal abrirá un proceso de "diálogo e consulta" cos veciños e os comerciantes para "valorar a mellor solución".
Sexa cal for o caso, estas actuacións -que serán de "custo baixo"- implicarán unha reordenación do tráfico na zona centro da cidade. A Policía Local ha elaborado xa unha proposta nesta materia que "non é definitiva", pero que traballa co obxectivo de mellorar e ampliar as entradas da circulación rodada ata este ámbito urbano.
PLAN DE OBRAS
Estes traballos de reforma forman parte dun "ambicioso" plan de obras urbana para 2016. Nel, inclúense a mellora da accesibilidade e seguridade viaria na contorna de Montecelo, o centro de saúde e a escola infantil da Parda, o centro de saúde de Monte Porreiro, o Pavillón Municipal de Deportes, o colexio Marcos da Portela ou o CEIP de Barcelos, onde se prevé integrar a praza como "patio de xogos" do centro.
Xunto coas xa previstas en Javier Puig e José Millán e as integradas no ARI do centro histórico como Pratería Vella, Tristán de Montenegro e Eirado Álvar Páez, Bará avanzou que ao longo deste ano mellorarase o pavimento de Campo do Boi e a contorna da Moureira, actualmente "moi degradado"; e realizarán diferentes actuacións en Médico Ballina e na Praza Europa e as rúas Portugal e Suecia, estas tres últimas en Monte Porreiro.
Relacionadas:
-
Arranca a reforma da rúa Cruz Gallástegui
Por Redacción |
-
Revolución na circulación do centro da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A final de mes inaugurarase a Praza do Hospital
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Proxectan prolongar a praza peonil do Hospital Provincial ata o cruzamento de Antón Fraguas
Por Diego Espiño |
-
O Concello peonalizará unha parte da praza de Barcelos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A rehabilitación da ponte do Burgo será "menos ambiciosa" do previsto inicialmente
Por Alejandro Espiño |
-
Á rehabilitación integral da rúa Javier Puig sáenlle 32 pretendentes, 14 de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os nenos redeseñan ao seu gusto a Praza de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
Unha "festa cidadá" dá a benvida a Benito Corbal á área peonil da cidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |