As obras da nova praza do Hospital conclúen este luns con el asfaltado dos seus extremos
Por Redacción
Aínda que durante os últimos días os veciños de Pontevedra xa puideron pasear pola nova praza creada fronte ao Hospital Provincial, non será ata este luns 21 de marzo cando conlcúan os traballos cunha última fase de asfaltado.
En concreto procederase a asfaltar os extremos da praza, no cruzamento con Cobian Areal e José Millán e tamén fronte á entrada de Urxencias do hospital, e unha vez que isto se realice instalarase o mobiliario urbano pendente.
Estes traballos ocasionarán restricións de tráfico na contorna. A Policía Local pechará á circulación as rúas Cobián Areal e José Millán a partir das 8:00 horas do luns, estando previsto que as obras se prolonguen durante toda a xornada.
Ademais desde primeira hora prohibirase estacionar nas rúas Blanco Porto e Joaquín Costa (entre Xosé Casal e Cobián Areal).
Para garantir o acceso ao centro da cidade investirase o tráfico en Joaquín Costa desde Uxío Novoneira, para poder circular ante o Colexio Calasancias, desde onde se poderá virar cara a Xosé Casal ou Blanco Porto, que cambia de sentido de circulación por un día.
Pola súa banda o tráfico que chegue por Joaquín Costa desde Sagasta será desviado por Blanco Porto con saídas por Cruz Gallástegui ou Benito Corbal.
Relacionadas:
-
Música e xogos infantís na estrea da "Praza do Hospital"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os nenos, protagonistas na inauguración da praza do hospital
Por Elena Álvarez Quintá |
-
A final de mes inaugurarase a Praza do Hospital
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Proxectan prolongar a praza peonil do Hospital Provincial ata o cruzamento de Antón Fraguas
Por Diego Espiño |