Non hai fabada como a de Marcón
Por Alejandro Espiño
Para fabada, a de Marcón. Iso é o que pensaron os centos de pontevedreses que se achegaron este domingo ata a parroquia para participar nunha nova edición, a décima, da Festa da Fabada, un evento gastronómico que xa se consolidou no calendario festivo da comarca de Pontevedra.
Todos eles deron conta das 600 racións de fabada que se prepararon para a ocasión e que se serviron na carpa habilitada no Campo da Festa, nas inmediacións da Cultural de Marcón.
A fabada, elaborada de forma tradicional e a lume lento, custaba 8 euros por ración. Este prezo incluía ademais pan, cazola de barro, culler e un vaso de viño.
Esta iniciativa servía ademais para recadar fondos para o equipo de fútbol da parroquia, o Marcón Atlético.
A festa estivo amenizada polo grupo musical S'Kándalo e incluíu un sorteo de agasallos cedidos polos patrocinadores do club.
A fabada que sobrou durante a festa foi doada ao comedor social de San Francisco.
Relacionadas:
-
Fabada e fútbol, éxito asegurado en Marcón
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Marcón pon o menú para este 1 de maio: fabada e paella
-
Éxito en Marcón coa Festa da Fabada
Por Cristina Saiz |
-
A fabada de Marcón chega este ano acompañada de paella
Por Alejandro Espiño |
-
Estudan organizar en Pontevedra unha festa gastronómica con produtos da ría
Por Alejandro Espiño |
-
A Festa da Fabada de Marcón chega á súa décima edición
Por Redacción |