Denuncian a presenza de cabalos con pexas no Lago de Castiñeiras
Por Diego Espiño
A Fundación Franz Weber e a asociación animalista LIBERA denuncian o "enésimo caso" de cabalos con cepos ou restricións de mobilidade no Parque Natural Cotorredondo-Castiñeiras.
Segundo alertan estas asociacións, o pasado domingo día 3 de febreiro, un senderista atopuo na zona ata sete cabalos que portaban "toda clase de artefactos de tortura nas súas patas. Parte deles tiñan pexas de máis dun metro de lonxitude e outros portaban unha cadea atando unha pata dianteira e unha traseira", alertándoos a través da páxina web www.senpexas.info.
Libera, que presentará unha denuncia o próximo luns ante a Fiscalía Provincial de Medio Ambiente, asegura que é o primeiro caso de 2013, pero a situación repítese con demasiada frecuencia, "é unha práctica cualificada en numerosas ocasións como constitutiva de delito pero a polémica pola implantación do microchip e o seu nulo uso entre os gandeiros da comunidade están a dificultar as pescudas xudiciais".
Os animalistas, que denunciaron ata 76 casos similares nos montes galegos nos últimos dous anos, aseguran sorprenderse de que a situación se repita nunha zona, a de Cotorredondo-Castiñeiras, na que se encontra o Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe.
Relacionadas:
-
O eixo Pontevedra-Moaña lidera as denuncias por cabalos con 'pexas' que recibe a asociación Libera
Por Redacción |
-
Libera denuncia ameazas telefónicas de gandeiros a Protección Civil de Marín pola retirada de 'pexas' a cabalos
Por Redacción |
-
Propoñen que Protección Civil colabore na loita contra a práctica das "pexas"
Por Redacción |
-
Eurodeputados verdes denuncian a práctica das "pexas" nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Alertan da presenza de cabalos con cepos e cans abandonados na estrada de Campo Lameiro
Por Redacción |