O eixo Pontevedra-Moaña lidera as denuncias por cabalos con 'pexas' que recibe a asociación Libera
Por Redacción
A asociación animalista Libera volveu alertar da presenza de cabalos con 'pexas' nos montes galegos e, unha vez máis, Pontevedra aparece no mapa dos malos tratos sobre o que chaman a atención. En concreto, sinalan que a zona comprendida entre a cidade do Lérez e Moaña é na que "existe a maior concentración destes casos" na provincia.
O colectivo realizou este sábado unha advertencia ante a alta porcentaxe de queixas cidadás e avisos por casos de malos tratos a animais que recibe, en xeral, da provincia de Pontevedra, esperando que o Anteproxecto de Lei de Protección Animal presentado pola Xunta de Galicia esta mesma semana poida significar un revulsivo ante estas situacións de crueldade.
Centran a súa denuncia en dúas situacións, que derivaron nos últimos tempos en dúas campañas da asociación para detectar situacións de malos tratos cara a animais, como o caso dos cabalos con pexas ou cadeas, a través da liña de denuncia www.senpexas.info, posta en marcha a finais de 2011 e que xa rexistrou 149 sucesos, dos que máis da metade corresponden a zonas situadas na provincia pontevedresa, e en especial ao citado eixo Pontevedra-Moaña.
Os cabalos con cepos chegan a sufrir toda clase de tormentos e mesmo a amputación accidental de parte das patas onde se atopan as chamadas popularmente 'trancas' ou 'pexas', como documentou o colectivo animalista en Monte Domaio.
Outra das campañas que ten maior impacto no territorio é a aplicación web (www.sencadeas.info) que permite denunciar a presenza de cans encadeados en contornas urbanas e rurais, e aquí a provincia de Pontevedra concentra preto do 40% das 212 protestas formuladas por cidadáns anónimos que relatan desde un típico encadenamiento ata situacións de malos tratos, con cans desnutridos, rodeados de feces e nunhas condicións veterinarias moi cuestionables.
Relacionadas:
-
Poñen en marcha unha campaña de 'crowdfunding' para pagar dous valos publicitarios antitaurinos
Por Redacción |
-
Liberan o cabalo localizado en montes de Cuntis con cadeas nas patas
Por Redacción |
-
Localizan un cabalo en Cuntis cun 'entresijo' de cadeas atado nas patas dianteiras
Por Redacción |
-
Denuncian a Xunta ante a Unión Europea pola problemática dos cabalos con cepos
Por Oskar Viéitez |
-
Detectan máis cabalos con cepos en Cotobade e Vilaboa
Por Redacción |
-
Libera denuncia ameazas telefónicas de gandeiros a Protección Civil de Marín pola retirada de 'pexas' a cabalos
Por Redacción |
-
Propoñen que Protección Civil colabore na loita contra a práctica das "pexas"
Por Redacción |
-
O Parlamento de Galicia insta desenvolver medidas contundentes contra a práctica das "pexas"
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a presenza de cabalos con pexas no Lago de Castiñeiras
Por Diego Espiño |
-
Localizan unha ducia de cabalos salvaxes con cepos e patas atadas con cordas e cables
Por Natalia Puga |