O Parlamento de Galicia insta desenvolver medidas contundentes contra a práctica das "pexas"
Por Oskar Viéitez
Este xoves a Comisión 7ª da cámara galega aprobou por unanimidade a Proposición non de Lei presentada polas deputadas do BNG, Ana Pontón e Carme Adán, que reclama á Xunta a adopción e desenvolvemento de medidas para localizar e denunciar aos responsables de colocar as tamén coñecidas como "trancas" nas patas dos cabalos. O texto final foi obxecto dunha enmenda do Partido Popular, que reafirma a loita contra os artefactos que causen "dano, traumatismos ou sufrimento aos animais".
Os avistamientos de cabalos con este tipo de "trancas" ou cepos danse mayoritariamente en montes como O Castrove (nos municipios de Poio, Meis e Pontevedra), na área recreativa Lago Castiñeiras e Cotorredondo (Marín e Vilaboa) e no monte Xiabre (Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía). Os gandeiros colocan estas "trancas", cepos, cadeas ou calquera tipo de trebello nas patas dos cabalos que viven en liberdade nos montes para limitar así os seus movementos.
Na súa exposición de motivos os deputados mostráronse especialmente preocupados pola crueldade desta situación, denunciada ata en 130 ocasións polas organizacións promotoras, para sinalar despois que a falta de identificación dos animais estaba ofrecendo unha falsa sensación de impunidade entre os gandeiros.
Hai agora dous anos desde que a Fiscalía de Pontevedra iniciou sen éxito unha ofensiva contra esta forma de maltrato animal. O fiscal pontevedrés, Benito Montero, xa puxera outra investigación similar en 2007, como el mesmo explicou entón tratábase de responder a unha demanda da propia sociedade.
O pasado martes, representantes da Asociación Animalista Libera e da Fondation Franz Weber entregaban no Parlamento de Galicia nada menos que 42.000 firmas pedindo o fin da práctica das "pexas" na comunidade, a maior recolleita de apoios cidadáns contra un contexto de maltrato animal no territorio galego. Firmas que foron recollidas en apenas un mes.
Relacionadas:
-
O eixo Pontevedra-Moaña lidera as denuncias por cabalos con 'pexas' que recibe a asociación Libera
Por Redacción |
-
Os concellos de Marín e Vilaboa colaborarán coa Xunta na recollida de cabalos soltos ou con trancas
Por Diego Espiño |
-
Localizan un cabalo en Cuntis cun 'entresijo' de cadeas atado nas patas dianteiras
Por Redacción |
-
Denuncian a Xunta ante a Unión Europea pola problemática dos cabalos con cepos
Por Oskar Viéitez |
-
Detectan máis cabalos con cepos en Cotobade e Vilaboa
Por Redacción |
-
Libera denuncia ameazas telefónicas de gandeiros a Protección Civil de Marín pola retirada de 'pexas' a cabalos
Por Redacción |
-
Propoñen que Protección Civil colabore na loita contra a práctica das "pexas"
Por Redacción |
-
Eurodeputados verdes denuncian a práctica das "pexas" nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Alertan da presenza de cabalos con cepos e cans abandonados na estrada de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Un milleiro de persoas pide á Fiscalía de Pontevedra e á Xunta medidas contra os cabalos con cepos
Por Natalia Puga |