Libera denuncia ameazas telefónicas de gandeiros a Protección Civil de Marín pola retirada de 'pexas' a cabalos
Por Redacción
A Asociación Animalista Libera e a organización suíza Fondation Franz Weber denuncian que nos últimos días algúns gandeiros "ameazaron telefonicamente os voluntarios de agrupacións como Protección Civil de Marín", que iniciou unha campaña de liberación de cabalos recentemente coa retirada das 'pexas' aos equinos que estaban no Lago de Castiñeiras.
As dúas entidades critican tamén a "falta de medios humanos", agora centrados na prevención de incendios e na investigación dos que xa sucederon estas últimas semanas, e sinalan que suman unha situación xeral de desprotección para os animais e unha perigosa sensación de impunidade dos gandeiros".
Libera e Fondation Franz Weber aseguran que durante o último fin de semana houbo novos achados nas provincias de Pontevedra e Lugo, no caso pontevedrés no Lago de Castiñeiras.
A nivel global, mustran a súa "preocupación" polo que lles parece "unha auténtica praga de maltrato animal", que o goberno galego "non" parece impedir con todos os medios posibles e dun xeito contundente".
Neste sentido, as dúas entidades lanzaron unha advertencia. Se a Xunta de Galicia segue sen actuar ante a continua aparición de casos de cabalos con toda clase de artefactos inmobilizadores nas súas patas, e máis nesta época onde proliferan os incendios, convocarán eurodeputados e parlamentarios da comunidade para que visiten in situ os danos que provoca o gando maltratado.
Relacionadas:
-
O eixo Pontevedra-Moaña lidera as denuncias por cabalos con 'pexas' que recibe a asociación Libera
Por Redacción |
-
Localizan un cabalo en Cuntis cun 'entresijo' de cadeas atado nas patas dianteiras
Por Redacción |
-
Denuncian a Xunta ante a Unión Europea pola problemática dos cabalos con cepos
Por Oskar Viéitez |
-
Detectan máis cabalos con cepos en Cotobade e Vilaboa
Por Redacción |
-
Propoñen que Protección Civil colabore na loita contra a práctica das "pexas"
Por Redacción |
-
O Parlamento de Galicia insta desenvolver medidas contundentes contra a práctica das "pexas"
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a presenza de cabalos con pexas no Lago de Castiñeiras
Por Diego Espiño |