Inician as medicións para o deseño da estación intermodal
Por Redacción
A Xunta de Galicia comezou os traballos topográficos necesarios para o estudo de alternativas para acadar a intermodalidade entre as estacións de autobús e ferrocarril na cidade de Pontevedra.
Técnicos da Dirección xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda supervisaron este martes o inicio destes labores por parte da empresa Cotecno Servicios de Ingeniería y Arquitectura, adxudicataria do contrato impulsado polo goberno galego para determinar a fórmula idónea para facilitar aos cidadáns un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos e transporte.
Na cidade de Pontevedra a estación de ferrocarril e a estación de autobuses atópanse moi próximas con itinerarios peonís e rodados que non superan os 200 metros, sen embargo é necesaria a realización dunha serie de actuacións tanto de mellora da conexión peonil entre ambas estacións, como de delimitación clara dos espazos para peóns e dos espazos reservados ao tráfico rodado.
MELLORAS A LEVAR A CABO
O obxecto do estudo é analizar diferentes alternativas de actuación para mellorar a intermodalidade entre o transporte de viaxeiros en ferrocarril e en autobús interurbano e metropolitano na cidade de Pontevedra. O ámbito de actuación será o conformado polo entorno e arredores da estación de ferrocarril e da estación de autobuses.
As diferentes alternativas de actuación propostas deberán dar resposta, entre outras, ás seguintes necesidades:
- Mellora das conexións peonís en viaxes intermodais entre a estación de ferrocarril e a estación de autobuses.
- Melloras para a integración da terminal de autobuses coa terminal ferroviaria:
- Reordenación do espazo actualmente dedicado a aparcadoiro de turismos na estación de autobuses, delimitando os espazos reservados para cada tipo de tráfico peonil e rodado e establecendo un espazo para taxis e kiss and ride.
- Remodelación da fachada da estación de autobuses para mellorar a súa identidade como centro de transporte.
Relacionadas:
-
A Xunta acepta trasladar a Josefina Arruti o acceso dos autobuses á futura estación intermodal
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta estudará a proposta do Concello de cambiar a entrada da estación de autobuses a Josefina Arruti
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Non me gustan as toupeiras", di Lores ante o posible túnel para unir as estacións de tren e autobuses
Por Alejandro Espiño |
-
Sete empresas, interesadas en presentar alternativas para a estación intermodal de Pontevedra
Por Redacción |
-
Encargan un estudo para crear un espazo intermodal entre as estacións de tren e autobús
Por Redacción |
-
Resucita o proxecto de estación intermodal de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE "teme" que non se construirá unha estación intermodal en Pontevedra e atrasos no Eixo Atlántico
Por Natalia Puga |