A alcaldesa de Marín comprométese a incorporar un mínimo de 16 traballadores no prego da recollida do lixo
Por Redacción
O persoal da empresa de recollida de lixo Urbaser atópase durante este luns 3 de outubro de folga dentro das mobilizacións que viñeron desenvolvendo durante as últimas semanas co obxectivo de que o goberno local inclúa a continuidade dos traballadores, que agora prestan servizo a Urbaser, na próxima empresa adxudicataria do servizo de limpeza de Marín. A xornada se desenvolveu sen incidencias.
Durante a mañá, representantes sindicais mantiveron unha reunión coa alcaldesa María Ramallo, que se comprometeu a incorporar ao prego de condicións para a próxima concesión do servizo de recollida de lixo a inclusión dun grupo de 16 traballadores, coa obrigación de mantelos durante os oito anos que durará o contrato. Desde o goberno local indican que a administración non debe excederse nin inmiscirse nas relacións laborais entre a empresa e o persoal.
Segundo expoñen as fontes sindicais, a alcaldesa se comrpometió a dar unha resposta previa a que este asunto volva debater en pleno sobre a petición de que se inclúa unha relación de cada un dos postos de traballo e das súas características, ademais da modificación do estudo económico. Ramallo indicou que precisa consultar estes puntos cos técnicos económicos e xurídicos do Concello.
Pola súa banda, o persoal de Urbaser decidiu suspender as protestas ata que avalíen as respostas ofrecidas pola alcaldesa.
Os grupos da oposición, PSOE, BNG e Marea sinalan que, de aprobarse, os pregos que se atopan actualmente en tramitación condenarase ao paro a parte do actual persoal de 16 traballadores. Apuntan que a determinación do persoal necesario para a prestación do servizo é competencia do Concello. E pregúntanse de que vale que se subrogue aos traballadores se o novo contrato permite que ao día seguinte se poidan suspender os contratos.
Estes partidos reclaman, igual que o persoal, que o novo contrato tome como base para determinar os custos de explotación os valores medios do sector e que determine o custo anual por categorías.
Relacionadas:
-
Duras críticas do BNG á adxudicación do contrato de lixo a unha empresa que pagará impostos en Barro
Por Redacción |
-
A oposición celebra o cambio de postura do Concello cos traballadores de Urbaser
Por Redacción |
-
Os novos pregos do servizo de recollida do lixo recollen as propostas dos traballadores
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal de Urbaser en Marín manterá unha xornada de folga o vindeiro luns
Por Oskar Viéitez |
-
Marín, abocado a unha folga na recollida de lixo tras concluír sen acordo o pleno extraordinario
Por Redacción & Mónica Patxot |