Bueu creará tres novos parques infantís e mellorará os existentes
Por Redacción
O Concello de Bueu vai poñer en marcha un plan de mellora sobre diversos parques da localidade no que se encadran dez actuacións de renovación dos espazos existentes e a creación de tres novas áreas de lecer.
Segundo a información facilitada polo Concello, vanse renovar integramente os parques infantís da praza do Concello, o dos xardíns de María Eugenia e o do Outeiro, instalando neles xogos novos; e vanse crear novos parques na Casa da Aldea de Meiro, na antiga escola unitaria de Cabalo e na de Sanamedio.
O proxecto contempla tamén a creación de parques biosaudables en Ramal dos Galos, no Paseo de Pescadoira e no Paseo de Agrelo a Portomaior. Ademais, o skate park de As Lagoas terá novos módulos, tal e como acordara o alcalde cun grupo de usuarios nunha reunión este verán.
A previsión do Concello é acometer o proxecto, cun orzamento de case 250.000 euros, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Esta medida tómase debido ao desgaste das instalacións e á importancia que teñen estes espazos como dinamizadores da aprendizaxe dos máis pequenos, ademais de cómo elementos de socialización.
Relacionadas:
-
Bueu renovará a sinalización viaria da vila e o parque infantil da Praza do Concello
Por Redacción |
-
Bueu ultima os proxectos que presentará ao Plan Concellos 2017
Por Redacción |
-
O Ramal dos Galos de Bueu será reformado en 2017
Por Redacción |
-
Bueu comeza a renovación dos parques infantís
Por Redacción |
-
Bueu ultima un plan para mellorar os parques do municipio
Por Redacción |