Detido un mozo polo roubo con forza nun establecemento hostaleiro
Por Oskar Viéitez
Un home de 28 anos de idade, con domicilio en Pontevedra, e con antecedentes policiais volveu a ser detido pola Policía Nacional.
Nesta ocasión acabou no calabozo da Comisaría Provincial, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun establecemento da cidade.
Segundo informaron fontes oficiles da Policía Nacional aínda que a detención produciuse o pasado luns día 13 os feitos que se lle imputan tiveron lugar na madrugada do día 30 de novembro.
Aquel día os ladróns accederon ao local tras rebentar o enreixado e a porta de entrada, e unha vez no interior forzaron tamén a máquina comecartos para levar a recadación da que o propietario non puido precisar a cantidade, ademais de subtraer o caixón da caixa rexistradora con 554,40 euros no interior e un teléfono móbil.
Os axentes atoparon o caxetín da caixa rexistradora no río Gafos e tras efectuar múltiples xestións tamén localizaron o teléfono móbil subtraído.
A investigación policial logrou dar coa identidade do autor dos feitos que foi detido por un roubo con forza o día 13 de febreiro.
Relacionadas:
-
Unha 'pandilla' de mozos, o pesadelo de bares e comercios do centro de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Dous detidos polo roubo no bar La Paloma
Por Redacción |
-
Rouban na cafetería La Fábrica dentro da vaga de saqueos a locais da cidade
Por Redacción |
-
Os comerciantes piden axuda á Policía Nacional ante o repunte de roubos en locais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |