Convocan unha concentración de apoio ao pobo catalán na Subdelegación do Goberno
Por Redacción
A Plataforma Galiza com Catalunya convocaba no mediodía deste domingo concentracións nas sete principais cidades galegas para reclamar o dereito para decidir e denunciar a represión que, segundo entenden, empregou o goberno de Rajoy durante este 1 de outubro en Cataluña para evitar o referendo.
A concentración en Pontevedra está prevista ás 20.00 horas na Subdelegación do Goberno e o lema que se utiliza nos carteis que comezaron a circular polas redes sociais é "Non temos medo - Nontenimpor" en clara alusión á actuación durante este domingode as Forzas de Seguridade do Estado, por orde do Goberno de Mariano Rajoy, para retirar as urnas e pechar colexios electorais.
Durante o sábado tamén se rexistraron concentracións na praza de España de persoas contrarias ao proceso de independencia por parte de Cataluña. Os manifestantes portaban bandeiras españolas e nun ambiente distendido coreaban "A por ellos".
Relacionadas:
-
O PP traslada o seu apoio e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil
Por Redacción |
-
Rueda asegura que Galicia vai estar atenta ao desenlace da situación en Cataluña
Por Oskar Viéitez |
-
Arredor de 200 persoas amosan o apoio ao pobo catalán nunha concentración de protesta
Por Anxo Lourido |
-
O referendo de Cataluña tamén divide aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Apoio policial desde Pontevedra aos axentes das forzas de seguridade en Cataluña
Por Redacción |
-
Pontevedra tamén achega gardas civís para o dispositivo do referendo en Cataluña
Por Natalia Puga | Creada e actualizada