Instalacións Eléctricas Terca renovará o alumeado público no rural de Cuntis
Por Oskar Viéitez
O pleno da corporación municipal do Concello de Cuntis procedeu este martes cos votos favorables de todos os grupos á adxudicación definitiva do alumbrado das zonas rurais do municipio.
A empresa adxudicataria e Instalacións Eléctricas Terca SLU, que presentou a oferta economicamente mais vantaxosa, por un importe de 434.886,10 euros.
Ademáis Terca oferta melloras no subministro, ofrece a maiores 100 luminarias iguais ás recollidas no proxecto. Tamén amplía o prazo de garantía das propias luminarias e aumenta o prazo de garantía en 4 anos, asumindo un total de seis anos.
A adxudicataria fará un mantemento das instalacións durante seis anos.
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concede para esta operación unha axuda por importe de 602.904 euros.
Con esta reforma está prevista a mellora de todo o sistema de iluminación do rural cun novo sistema de lámpadas que optimice o consumo de enerxía eléctrica.