El Cafetín, sen rival en Pontedetapas
Por Redacción
Dobre premio para El Cafetín na última edición de Pontedetapas. O chef Rubén González volveu a demostrar, un ano máis, que non ten rival neste certame gastronómico. A súa proposta, "O polbo emigrante Atlántico vs Asiático", foi a máis valorada e representará á cidade de Pontevedra no concurso De tapas por Galicia.
El Cafetín recibiu 9.356 puntos na votación do público, fronte aos 5.206 puntos do restaurante Pontetapas coa súa proposta "Duelo de baos" e os 4.795 puntos que obtivo o "Canelón de xabaril sobre crema de cogomelos e bechamel de trufa" de Casa Román.
O xurado profesional tamén elixiu a tapa de El Cafetín como a mellor tapa creativa presentada polos 55 establecementos participantes, mentres que a segunda praza foi para o Loaira cos seus "Callos do mar".
Pola súa banda, a mellor tapa tradicional foi a presentada por Café Liceo co bocado "Empanada de millo de culler. Berberecho & mexillón", que superou á tapa de Casa Román, que tamén quedou en segunda posición nesta categoría.
Como mellor cóctel, por último, foi seleccionado o "Holland Match" do Mulligans. A segunda praza, entre as catorce propostas, foi para o "Gramola Bronx" da Gramola.
O xurado final estivo formado por Manuel Hermo, director do CIFP Carlos Oroza, o chef e asesor gastronómico Fran Sotelino, o chef mexicano Rómulo Mendoza e Rubén Paz e Fernando Fernández, responsables de El Mono con Sombrero.
De entre os 26.306 cupóns de votación que foron entregados polo público, elixíronse o azar aos gañadores do premio de 500 euros en vales para gastar no comercio local, o mesmo que gañou outra persoa seleccionada entre os 518 usuarios que votaron a través da APP.
Tamén se entregaron dez ceas para dúas persoas aos clientes que selaron o seu pasaporte nun maior número de locais. Tres deles entregárono completo.
Relacionadas:
-
Volve PontedeTapas para incentivar a hostalería na tempada previa ao Nadal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Un paseo gastronómico pola Boa Vila en 51 bocados
Por Oskar Viéitez |
-
En novembro... de tapas por Pontevedra: volve Pontedetapas
Por Alejandro Espiño |
-
55 establecementos participan nunha nova edición de Pontedetapas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
En novembro... de tapas por Pontevedra
Por Redacción |
-
A vieira afumada de Rubén González, elixida a mellor tapa de Galicia
Por Alejandro Espiño |