Unha 'marea vermella' de solidariedade une Pontevedra e Santiago pola doazón de órganos
Por Redacción & Mónica Patxot
Un ano máis, a Pontevedrada foi todo un éxito. Máis de 1.400 persoas participaron nesta marcha solidaria nocturna e ininterrompida entre Pontevedra e Santiago, 67 quilómetros a través do Camiño Portugués, para concienciar á sociedade da importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos.
Baixo un tempo máis que agradable, os participantes saíron ás oito da tarde da Praza de España, aínda que desde moito tempo antes apenas quedou espazo nesta zona da cidade para acoller aos entusiastas peregrinos solidarios.
Entre os que se animaron a formar parte da novena edición da Pontevedrada había, sen dúbida, moitas persoas para as que non era a primeira vez. Pero tamén se deixaron notar, algo nerviosos ante a aventura que tiñan por diante, aqueles que se animaron a probar.
Todos eles ían perfectamente equipados con calzado cómodo, roupa deportiva e unha mochila con roupa de abrigo ou provisións de comida e bebida que lles axudaron a completar o seu percorrido sen ningún tipo de incidencia.
Antes de saír, os participantes coñeceron a historia de dúas mulleres que pasaron por un transplante, o que lles animou aínda máis a emprender este reto solidario.
Durante todo o percorrido, os inscritos na Pontevedrada contaron co apoio de servizos de emerxencias como a Garda Civil ou Protección Civil e con servizos prestados por compañías colaboradoras do evento.
Relacionadas:
-
A Pontevedrada renuncia definitivamente a celebrar a súa edición de 2020 polos rebrotes de COVID
Por Diego Espiño |
-
Máis de 1.400 marchosos solidarios participarán na Pontevedrada 2019
Por Redacción |
-
A 15 días da súa celebración, a Pontevedrada xa conta con 1.100 inscricións
Por Mónica Patxot & Olaya Madrigal |
-
A novena edición da Pontevedrada xa ten data: o sábado 27 de abril
Por Redacción |