Domingo de sardiñada popular na Festa do Viño de Barro
A Festa do Viño 2019, no seu corenta aniversario, congrega a milleiros de persoas na contorna do Pazo da Crega, no municipio de Barro. Durante a tarde deste sábado, a Coral de Barro coa nova directora e a participación de varias solistas deleitou ao público asistente do mesmo xeito que as pandereteiras da asociación Peñaflor. O alcalde Xosé Manuel Abraldes asistía a estas actividades, despois de asistir ao acto da toma de investidura.
Pero a gran festa chegou coa verbena nocturna a cargo das orquestras Gran Parada e Ritmo Joven, que encheron de público o recinto.
Este domingo 16, as actividades inícianse co concurso de pintura rápida, que se desenvolverá ao longo da xornada. Ás 10.00 horas terá lugar a VII Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas. Media hora máis tarde comezarán as catas de viños albariños Rías Baixas e de colleiteiros da zona.
E ás 12.30 horas chegará un dos actos nos que se espera unha maior asistencia de visitantes, a "sardiñada" popular, na que se poderán degustar sardiñas e viño de forma gratuíta.
A festa concluirá ás 21.30 horas coa actuación da Banda Xuvenil de Barro, que ofrecerá un concerto co Orfeón Treixadura.
Actuación da Coral de Barro na Festa do Viño
Celebración da XL Festa do Viño no Pazo da Crega
© Diego Torrado
Diversas actividades na Festa do Viño de Barro 2019
Actuacións musicais e culturais, baile e verbenas ateigan de público a Festa do Viño ao redor do Pazo da Crega
© Concello de Barro
Relacionadas:
-
Barro fai oficial a suspensión da Festa do Viño pola pandemia do coronavirus
Por Manu Otero |
-
Barro clausura a Festa do Viño cun concerto espectacular
Por Redacción |
-
Fernández Abraldes toma posesión como alcalde prometendo "traballar arreo" por Barro
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa do Viño de Barro chega á corenta edición
Por Redacción |