O Concello insta a Naturgy a revisar as instalacións de Pontevedra tras os cortes de luz dos últimos días
Por Natalia Puga
O Concello de Pontevedra decidiu actuar tras as incidencias na liña eléctrica que na última semana provocaron cortes de luz en distintas zonas da cidade en varios días diferentes. Tras constatar que, en realidade, houbo máis cortes e con maior incidencia dos recoñecidos pola compañía subministradora, Naturgy, instan á empresa a revisar as instalacións e equipamentos eléctricos na cidade.
A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, explicou que a Xunta de Goberno celebrada este luns acordou enviar un escrito á empresa Naturgy -que distribúe a luz a través de Unión Fenosa Distribución- e á Consellería de Industria para que se revise tanto as instalacións como os equipamentos para que poidan garantir que "están en perfecto estado".
O Goberno local abordou este asunto fose da orde do día da Xunta de Goberno porque o Concello constatou que a compañía recoñeceu cortes na zona de Benito Corbal e Rosalía de Castro, pero tamén os houbo en Eduardo Pondal ou en máis zonas das recoñecidas de Rosalía de Castro.
Respecto diso, cabe apuntar que veciños da parroquia de Campañó denunciaron que tamén sufriron máis incidencias das recoñecidas pola compañía na tarde do sábado. Estas queixas aínda non chegaron ao Concello, pero Gulías afirma que están abertos tamén a escoitar a estes afectados.
O equipo de Goberno acordou enviar este escrito porque, como Concello, teñen a responsabilidade de "velar" polos intereses dos seus veciños e usuarios deste servizo para que o teñan "nas mellores condicións" e Naturgy debe prestar un servizo "de calidade" no que as incidencias sexan unha excepción e non circunstancias continuas como nos últimos días. Están convencidos de que eses cortes son "máis frecuentes do que debería".
Relacionadas:
-
Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido |
-
O Concello considera unha "tomadura de pelo" os cortes de luz e esixe solucións a Naturgy
Por Alejandro Espiño |
-
Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción |
-
Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha incidencia na liña eléctrica deixa sen luz a 2.000 usuarios do centro de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha incidencia na liña eléctrica causa cortes de luz a máis de 2.000 clientes no centro da cidade
Por Diego Espiño |