O PP de Cuntis critica os procedementos de contratación e os reparos de intervención do goberno local
Por Redacción
O Partido Popular de Cuntis amosouse este martes moi crítico co Goberno local da localidade, ao que pide que explique os levantamentos de reparo tramitados nos últimos meses. Trátase de 451 facturas emitidas desde xaneiro a maio de 2019 por importe de 149.492 euros sobre as que, segundo os 'populares', hai informes municipais que manifestan irregularidades na súa tramitación.
Segundo denuncia o PP, os informes indican que se trata de servizos recurrentes e continuados no tempo e superan os límites establecidos na Lei de Contratos. Ademais, carecen de fiscalización previa, isto é, non existe proposta de gasto nin retención de crédito, trámites que deberían terse realizado para ter asegurada a reserva de diñeiro para facer fronte a eses gastos.
O PP indica que estas facturas correspóndense con gastos procedentes de obras, servizos de limpeza de dependencias municipais, recollida e tratamento de residuos, telefonía, redacción de presupostos e proxectos, levantamentos topográficos, pagos de pólizas e seguros, combustible de vehículos, subministro de enerxía eléctrica, actividades deportivas, publicidade e mantemento de zonas verdes e ascensores. Son, segundo o PP, gastos perfectamente previsibles no funcionamento dunha administración, e que deberían tramitarse e regularse a través dos correspondentes contratos e concesións.
En opinión dos 'populares', o goberno cae nunha "continua irregularidade" nos procedementos de contratación, que significa vulnerar os principios de estabilidade orzamentaria do Concello. En todo caso, consideran que o que é mais grave é que pon en risco a estabilidade económica das persoas e empresas que traballan para o Concello.
Ademais, desde o PP de Cuntis tamén falan de que existe falta de diálogo e comunicación por parte do grupo de Goberno de cara ao resto dos membros da Corporación en asuntos de gran relevancia para a veciñanza como a peonalización provisional do centro histórico.
Relacionadas:
-
O Concello de Cuntis nega irregularidades no pago de facturas
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero participa na festa dos socialistas en Cuntis
Por Redacción |
-
O centro histórico de Cuntis pasa a ser zona de "absoluta preferencia peonil"
Por Alejandro Espiño |
-
Cuntis activa unha consulta cidadá para redactar o seu plan de mobilidade
Por Redacción |