Tres accidentes en menos de 24 horas nas curvas de Castroloureiro en Cuntis
Por Redacción
Entre as 14.30 horas da tarde do mércores e as 9.45 horas da mañá deste xoves, isto é, en menos de 24 horas, as curvas de Catroloureiro, en Cuntis, foron escenario de tres accidentes de circulación nun tramo de menos dun quilómetro. Tan só un dos sinistros deixou feridos, pero, igualmente, poñen en evidencia a perigosidade da estrada.
A agrupación de Protección Civil de Cuntis acudiu nos tres casos e puido presenciar que cando se produciron a estrada estaba sempre mollada pola choiva destes días.
Cando recibiron o aviso do primeiro accidente, unha saída de vía sobre as 14.30 horas do mércores, relatáronlles que na estrada había gasóleo e aceite, de modo que os voluntarios limparon a estrada con desengrasante.
Os dous seguintes foron xa na mañá deste xoves. Ás 8.30 tiveron a primeira alerta por unha saída de vía sen consecuencias e, ao chegar ao lugar, viron que a estrada estaba mollada pola choiva e resbaladiza, pero non sucia.
O terceiro accidente, segundo da mañá deste xoves, foi ás 9.45 horas xusto no mesmo sitio. A condutora dun turismo tivo unha saída de vía pola marxe dereita e impacto cun muro. Saiu rebotada e acabou impactando cunha casa.
A condutora resultou ferida e tivo que ser trasladada a un centro sanitario de Santiago de Compostela. En principio, o seu estado era leve.
Desde Protección Civil de Cuntis agardaron no lugar á cheghada da Garda Civil de Tráfico e dun guindastre e aseguran que mentres eles estiveron alí non presenciaron ningunha manobra perigosa por parte de ningún condutor. Trátase dun tramo que está limitado a unha velocidade de 50 quilómetros por hora ao que se lle renovou o firme hai un ano.
Relacionadas:
-
Un accidente na N-541 agrava as críticas dos vecinos de Calvelo
Por Sofía Lorenzo |
-
Un pai e o seu fillo, feridos leves nun accidente de tráfico nas curvas de Castroloureiro
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cuntis participou en 435 operativos o ano pasado
Por Oskar Viéitez |
-
Unha condutora resulta ferida leve tras saírse da vía e chocar con dúas árbores en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis pide ao Goberno de Rajoy solventar a perigosidade da N-640 nas curvas de Castroloureiro
Por Redacción |