O Concello de Poio creará unha liña de subvencións para os eventos festivos e culturais
Por Oskar Viéitez
O goberno local do Concello de Poio anunciou a súa intención de crear unha liña de subvencións para os eventos festivos e culturais.
O Concello lembra que ven colaborando "dende fai anos, incluso en épocas de crise", coas distintas entidades na realización de un amplo abano de eventos no municipio, sendo algúns exemplos as festas patronais, parroquiais, ou de carácter gastronómico ou cultural.
Nestes últimos anos o Concello de Poio "deu cobertura a todos os eventos de nova creación, así como todos os que se viñan celebrando, sendo un dos seus patrocinadores principais".
Dado este "importante crecemento" que xurde do tecido asociativo, rexistrando máis de medio centenar de eventos anuais, o Goberno local cre que hai que dar un "paso de calidade" e crear unhas bases onde todas as entidades poidan acceder "e así proceder a un reparto o máis equitativo posible", salienta o goberno local.
Algúns dos exemplos son as festas patronais ou parroquiais que veñen aumentando a súa programación e iso supón unha maior inversión por parte do Concello como por exemplo: a Festa de San Gregorio de Raxó cun axuda por parte do Concello de 6.905 euros, A Festa de Fátima en Campelo con 4.838,80 euros, A Festa de San Salvador con 6.115,50 euros, San Xosé Pereiro con 1.936 euros, San Antón de Samieira con 3.571 euros (datos que figuran a día de hoxe na contabilidade do concello).
Outros exemplos son: a Festa do Choco cunha axuda de 7.656.06 euros e Manuel Villanueva con 7.065,68 euros.
Antes de finalizar o ano dende o Concello de Poio se convocará ás diferentes entidades para explicar o procedemento.
"Dende o Concello de Poio agradecemos a actitude altruísta e desinteresada das entidades e asociacións que ano a ano traballan para seguir dando contido á programación cultural e festiva e garantindo así un Concello vivo", afirman nun comunicado.
Relacionadas:
-
A orquestra Trébol, principal atractivo das festas de San Gregorio de Raxó en marzo
Por Redacción |
-
Raxó maniféstase para "facer unhas festas á altura da parroquia"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Concello de Poio achegará 6.000 euros para as Festas da Saleta, en Raxó
Por Redacción |
-
A veciñanza de Raxó maniféstase este sábado en defensa das festas da parroquia
Por Redacción |
-
Os veciños de Raxó decidirán en asemblea se adoptan medidas de presión ante o Concello polas festas
Por Oskar Viéitez |
-
Cabreo na Comisión de Festas do Raxó FC ao rebaixar o Concello a súa achega económica
Por Redacción |