Concentración feminista ás oito ante a Audiencia Provincial: "Por Alba, por María Elena e por Sandra"
Por Natalia Puga
"Por Alba, por María Elena e por Sandra. Vémonos mañá, mércores, ás 20 horas diante da Audiencia Provincial". Con esta mensaxe, o Colectivo Feminista de Pontevedra fai un chamamento á cidadanía para que acuda á concentración convocada para as oito da tarde deste mércores.
O lugar e a hora son os mesmos que os de todas as concentracións que organizan ao día seguinte de saír publicado nos medios de comunicación un crime machista, pero nesta ocasión, a mensaxe é máis longa do habitual, pois o sobrecolledor triplo asasinato rexistrado este luns en Valga ten tres vítimas mortais, as irmás Alba e Sandra Boquete Jamardo e a súa nai, María Elena Jamardo.
A concentración repetirase por toda Galicia, siendo as citas máis próximas diante do Concello de Bueu, na Plazuela de Valga, diante do Concello de Vilaboa, na praza de Galicia de Vilagaríca ou na praza das Árbores de Cuntis. Todas serán ás 20.00 horas deste mércores.
As citas buscan amosar a repulsa da cidadanía ante o triplo crime cometido por José Luis Abet Lafuente, un veciño de Ames de 45 anos que asasinou a tiros á súa ex muller, Sandra; a súa ex sogra, María Elena; e a súa ex cuñada, Alba, en presenza dos seus fillos menores de 4 e 7 anos.
Como sucede en todas as convocatorias realizadas despois de asasinatos machistas, búscase dar unha resposta contundente da cidadanía contra a violencia de xénero, con lemas como "Basta xa de Terrorismo Machista " ou "Nin Unha Menos".
Neste caso, dáse a circunstancia de que tan só o asasinato de Sandra se contabilizará como violencia de xénero, pois os das súas irmá e nai non reúnen os requisitos estipulados nas estatísticas de que a vítima debe ter no presente ou no pasado unha relación de parella co seu asasino.
Relacionadas:
-
O triplo crime que puxo a Valga na crónica negra do machismo chega a xuízo o 6 de marzo
Por Natalia Puga |
-
Piden prisión permanente revisable para o autor confeso do triplo crime de Valga
Por Redacción |
-
O xulgado de Caldas admite que a Xunta se persoe como acusación particular no triplo crime de Valga
Por Redacción |
-
"Emerxencia Feminista contra o terror machista"
Por Cristina Saiz |
-
Pontevedra súmase á Emerxencia Feminista
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"Non queremos pésames, non queremos minutos de silencio, non queremos loito"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Un revólver de calibre 32 novo cuxa orixe está por determinar, eixo da investigación do triplo crime
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Unión política en repulsa polo triplo crime de Valga: "hai que fulminar a violencia machista da sociedade"
Por Natalia Puga |
-
O autor confeso do triplo asasinato de Valga, a prisión
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Conmoción en Valga por un triplo crime machista que tinxe Galicia de loito
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada