Funeraria San Marcos ofrece dispositivos para que as persoas invidentes accedan a esquelas e documentos
Por Redacción
O 13 de decembro celébrase a onomástica en honra a Santa Lucía, patroa das persoas cegas, e coincidindo con esta conmemoración, Funeraria San Marcos traslada a súa aposta por facilitar a accesibilidade ás persoas con dificultades visuais.
Así llo fixo saber o xerente da empresa pontevedresa, Juan L. Perdiz, a Félix Gende, en representación do Centro de Recursos Educativos da ONCE, durante un encontro que mantiveron nas novas instalacións do Tanatorio de Pontevedra. "Queremos ofrecer todas as facilidades posibles aos nosos clientes para que, en momentos tan delicados, se poidan sentir cómodos", apuntou Juan L. Perdiz, quen considera fundamental "aproveitar as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para favorecer a accesibilidade ás persoas cegas".
Neste sentido, desde Funeraria San Marcos ofrecen dispositivos que contan con aplicacións específicas que permiten ás persoas invidentes, por exemplo, ter acceso ás esquelas ou documentos relevantes ao servizo que se presta.
Ademais, Juan L. Perdiz, tamén xerente do Tanatorio Pontevedra, lembrou que as novas instalacións están adaptadas tanto para persoas con mobilidade reducida como para persoas con dificultades visuais. Así, as súas instalacións contarán con dispositivos que axuden á mobilidade das persoas cegas, facilitándolles información sobre as distintas dependencias e os seus accesos. Desta maneira, unha persoa cega que chega ao Tanatorio de Pontevedra, coa única axuda do seu teléfono móbil, poderá desprazarse por todas as instalacións, grazas á información auditiva que se lle irá facilitando con estes dispositivos.
Pola súa banda, Félix Gende trasladoulle o seu "agradecemento" porque todos os pasos adiante que se dean para reducir os obstáculos que se poidan atopar as persoas cegas son importantes.
Relacionadas:
-
O Tanatorio de Poio estrea instalacións e novos servizos
Por Cristina Saiz & María José Pita |
-
"A min a San Marcos", a campaña solidaria con moita retranca dunha funeraria
Por Oskar Viéitez |
-
Antonio Manuel, usuario dun can-guía: "Se nos queren axudar que nos falen, pero que non nos agarren"
Por Alejandro Espiño |
-
Grande expectación para coñecer o renovado Tanatorio Pontevedra
Por Redacción |
-
San Marcos presenta o seu novo vehículo fúnebre
Por Redacción |
-
Cando o teu traballo empeza ao acabar a vida dos demais: "Somos os últimos e aí non podemos fallar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |