Ponte Caldelas cancela todos os concursos da Festa da Troita
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas anunciou este luns 23 de marzo a cancelación definitiva dos concursos de Redacción, Fotografía e Cartel da Festa da Troita, que aínda estaban en prazo de presentacións dos orixinais.
Así, o confinamento leva consigo unha das festividades gastronómicas máis antigas de Galicia, que estaba programada para celebrarse entre o sábado 30 e o domingo 31 de maio.
Segundo o Concello, a decisión foi tomada pola imposibilidade de entrega dos proxectos participantes dos concursos de Fotografía e Cartel, ademais da suspensión das clases, que afecta directamente ao concurso de Redacción.
Relacionadas:
-
Segundo ano sen Festa da Troita de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas non poderá celebrar festa, pero si ofrecerá troitas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción |
-
Máis de 3.300 vivendas de Ponte Caldelas terán os accesos desinfectados
Por Redacción |