Reabren zonas verdes precintadas ante a inminente saída dos nenos
Por Redacción
O edil de Desenvolvemento sostible e Medio natural, Iván Puentes, lembra aos pais que os parques infantís do concello permanecen pechados por motivos de seguridade sanitaria e, a pesar do permiso para que os nenos saian da casa, non se poderán utilizar.
Non obstante, o departamento que dirixe o concelleiro socialista procedeu durante a xornada do venres á reapertura de diversas zonas verdes que estaban precintadas e das que agora os máis pequenos poderán volver desfrutar cos seus familiares.
Entre as áreas de esparexemento das que se retirou o precinto atópanse o parque de Conde Bugallal, a Illa das Esculturas, A Xunqueira de Alba, os paseos do Lérez e Os Gafos e as sendas fluviais.
Con todo, desde o Concello recordan que nenos e pais non poderán afastarse máis dun quilómetro de distancia dos seus lugares de residencia, tal e como estableceu o Goberno central.
Relacionadas:
-
Desinfectan os parques infantís cos mesmos protocolos que nos centros sanitarios pero sen data de apertura
Por Redacción |
-
Aplican un novo tratamento contra o picudo vermello nas palmeiras da cidade
Por Redacción |
-
Parques e Xardíns prevé que as zonas verdes poidan estar como antes do confinamento no prazo de dúas semanas
Por Redacción |
-
Rapazada, á rúa... pero con seguridade, chuvasqueiros e paraugas
Por Redacción |
-
Lores pide "responsabilidade" aos pais ante a saída á rúa dos menores
Por Alejandro Espiño |
-
Unha hora ao día de paseo para menores de 14 anos a partir do domingo, pero nada de parques
Por Manu Otero |
-
O Goberno rectifica e os menores de 14 anos poderán saír da casa a pasear
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Sanidade advirte que a posible saída dos menores "non será para xogar"
Por Alejandro Espiño |