O Concello de Moraña lembra que hai que limpar as leiras para previr incendios
Por Redacción
O Concello de Moraña quere concienciar aos seus veciños da importancia de ter debidamente coidadas as leiras rústicas para evitar incendios.
A estes efectos comezou este mesmo mércores unha campaña de sensibilización e información para que os propietarios realicen os debidos traballos de limpeza e roza canto antes e aínda que a Consellería do Medio Rural ampliou o prazo para estes fins ata mediados de xullo.
Trátase dunha actividade que está permitida neste contexto do estado de alarma, co engadido de que os propietarios das leiras deber levar consigo unha declaración responsable na que se identifiquen as parcelas coa referencia catastral, así como os correspondentes apeiros. No caso de que estes se atopen nas leiras en cuestión, constará na declaración sinalada.
Segundo a normativa de prevención de incendios forestais da Xunta, esíxese a limpeza das franxas de seguridade dos núcleos de poboación, de vivendas illadas e bens públicos que alcancen un perímetro de 50 metros, eliminando toda a maleza, árbores e arbustos pirófitos.
A alcaldesa Luisa Piñeiro, agradece "a maioritaria responsabilidade dos veciños, pero hai que facelos canto antes para estar previdos, xa que os incendios poden aparecer en calquera momento e hai que estar listos para mininizar as súas consecuencias".
Relacionadas:
-
Moraña concederá subvencións e aplicará un plan de fomento do consumo para axudar ás empresas locais
Por Redacción |
-
O BNG de Moraña propón apoiar o comercio, actividades de "pequeno formato" e impulsar o turismo de natureza
Por Redacción |
-
Ofrecemento ao sector hostaleiro para ampliar as terrazas en Moraña para evitar grandes perdas económicas
Por Redacción |
-
Aquí non hai horarios para pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños e traballadores de Moraña reciben preto de 12.000 materiais de protección
Por Redacción |