![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a7d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5eb5886305-2.jpg)
© Concello de Moraña
Moraña concederá subvencións e aplicará un plan de fomento do consumo para axudar ás empresas locais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Moraña implanta un plan de acción orientado ao comercio e á hostalería consistente en axudas directas ás empresas e campañas para fomentar o consumo para impulsar a reactivación socieconómica do municipio.
A alcaldesa do municipio, Luisa Piñeiro, mantivo este venres un encontro con 53 profesionais destes dous ámbitos para explicar os detalles deste programa. A charla realizouse na Casa dá Cultura e dividiuse en catro quendas para respectar as medidas de seguridade e separación entre persoas.
Das axudas económicas para prexudicados beneficiaranse todos aqueles que se viron obrigados a pechar e sufriron graves perdas. Ademais, o plan municipal de reactivación comercial estenderase durante todo o que queda de exercicio e incluirá unha profunda análise dos resultados para determinar se é preciso prolongalo ao 2021.
Doutra banda, o Concello fixo entrega aos asistentes de equipos de protección individual para que tanto o comercio como a hostalería poida abrir coas máxmias medidas de seguridade a partir do 11 de maio.
O encontro serviu tamén para informar os asistentes dos vinte servizos municipais extraordinarios postos en marcha polo Concello durante esta crise por se algún deles fose interesante para a súa actividade empresarial.
Relacionadas:
-
Moraña ofrece axudas ao seu tecido empresarial para superar a crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Os maiores de Moraña poderán continuar co exercicio físico e psicosocial nos seus domicilios
Por Redacción |
-
O BNG de Moraña propón apoiar o comercio, actividades de "pequeno formato" e impulsar o turismo de natureza
Por Redacción |
-
O Concello de Moraña lembra que hai que limpar as leiras para previr incendios
Por Redacción |
-
Ofrecemento ao sector hostaleiro para ampliar as terrazas en Moraña para evitar grandes perdas económicas
Por Redacción |
-
Aquí non hai horarios para pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |