O Concello de Moraña destina 100.000 euros de axudas a autónomos e pemes
Por Redacción
O Concello de Moraña vén de habilitar unha partida de 100.000 euros destinada á concesión de axudas económicas directas para autónomos, microempresas e pemes do municipio co obxectivo de paliar os graves efectos socioeconómicos causados nos seus negocios e actividades pola crise sanitaria do coronavirus.
Esta medida foi aprobada pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, tras deseñala nas últimas semanas co goberno local e os servizos técnicos municipais e presentala en comisión aos grupos da oposición, que, segundo o Concello, as percibiron positivamente.
As bases destas subvencións contemplan a concesión dunha axuda de 900 euros a todos os autónomos e pemes que se viran obrigados ao peche do seu negocio como consecuencia do Estado de Alarma, e outra de 400 euros para aqueles que no mes anterior á solicitude desta subvención viran reducida a súa facturación en alomenos un 50% con respecto á do semestre natural precedente.
Con estas axudas "pretendemos outorgar liquidez ás nosas empresas e autónomos, favorecer o cumprimento das súas obrigas e axudar a manter a actividade e o emprego, que son aspectos que consideramos fundamentais para soster o dinamismo do municipio e impulsar a reactivación", explicou a rexedora.
En canto as bases de concesión das axudas e o modelo de solicitude estarán colgados na páxina web oficial do Concello www.morana.org e as peticións deberán cursarse nun prazo máximo de 20 días dende a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
A presentación terá que producirse de xeito telemático a través da sede electrónica aínda que, no caso das persoas físicas (autónomos), poderán facelo presencialmente no rexistro xeral do consistorio de Moraña.
Relacionadas:
-
Moraña tramita 64 peticións da axuda municipal a empresas afectadas pola Covid-19
Por Redacción |
-
Moraña ofrece axudas ao seu tecido empresarial para superar a crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Moraña modifica o crédito de destinar 100.000 euros a axudas directas a autónomos e pemes
Por Redacción |
-
O BNG propón varias medidas para a recuperación social de Moraña
Por Redacción |
-
Moraña aposta por "agardar un pouco" antes de suspender os eventos deportivos previstos para o verán
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas transferiu o 72% das axudas directas a pemes e autónomos locais
Por Redacción |
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta un plan de reactivación económica
Por Oskar Viéitez |