O taller de emprego en Moraña remodela o local cultural de Amil
Por Redacción
O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV está a comezar coa remodelación do local cultural de Amil, que consistirá na execución de melloras xerais, estéticas e de accesibilidade.
Será a súa segunda actuación no municipio tras a reforma dos vestiarios das piscinas.
Segundo explica o goberno local está previsto que se favoreza a accesibilidade deste edificio coa demolición do antigo aseo, a reconstrución dun apto para persoas con discapacidade e a construción dunha rampla. Tamén se efectuarán tarefas de limpeza e estética co pintado interior de todo o inmoble e outras melloras como o cambio da porta de entrada.
Esta iniciativa laboral conta coa participación dunha vintena de alumnos nos módulos de albañilería e forestal, cun financiamento de 336.000 euros sufragado integramente pola Xunta de Galicia.
Nunha visita aos traballos do centro cultural de Amil, a alcaldesa Luisa Piñeiro sinalou que varias actuacións previstas por este taller de emprego, como a restauración de varios lavadoiros ou a continuación das sendas fluviais de Catañosa- Gundeiro e Cornide atópanse pendentes de que se conceda unha ampliación deste programa de emprego, xa que se viu afectado por 110 días de paralización pola crise sanitaria e a súa data de finalización actual é do próximo 31 de agosto.
Relacionadas:
-
Moraña logra o seu sétimo obradoiro de emprego e formará 20 persoas en Carpintaría de Madeira e Forestal
Por Redacción |
-
Conclúe o taller de albanelaría de Moraña co remate das obras na piscina de Mirallos e no local cultural de Amil
Por Redacción |
-
Moraña recibirá axuda da Xunta para renovar os parques industriais de Afieiras e Mirallos
Por Redacción |
-
O alumnado do obradoiro de emprego reformará os vestiarios da piscina de Moraña
Por Redacción |
-
O Obradoiro de emprego Ulla-Umia IV formará ao seu alumnado en "Sensibilización ambiental"
Por Redacción |