O PP levará aos plenos unha moción para que os concellos poidan dispoñer dos remanentes de tesourería
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra levará aos plenos de todos os concellos da provincia e ao da Deputación de Pontevedra unha moción reclamando ao Goberno central que os concellos poidan dispoñer do 100% dos seus remanentes de tesourería para a loita contra os efectos negativos da Covid-19.
Para lograr este obxectivo, piden ao Executivo que realice as modificacións legais que resulten pertinentes, como é o caso do acordo do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Este anuncio realizábano os populares este venres en Vilagarcía, coa participación do portavoz do grupo provincial, Jorge Cubela, e os deputados da comarca do Salnés, Paz Lago e Javier Tourís, e a asistencia de representantes populares de todos os concellos da comarca.
"O PP non vai cruzarse de brazos ante a incautación dos aforros dos concellos", manifestaba Cubela. O tamén alcalde de Cerdedo-Cotobade engadía que "falamos de 9 millóns de euros da comarca do Salnés dispoñendo dos fondos de nove concellos e da mancomunidade".
No mesmo sentido expresouse a portavoz popular en Vilagarcía, Elena Suárez: "en Vilagarcía temos especial interese en levar a pleno esta moción e comprobar se o alcalde optará por defender aos cidadáns protexendo eses aforros que acumulamos pagando os nosos impostos, con moito esforzo en moitos casos, ou se pola contra, decidirá defender os intereses do seu partido".
Os populares solicitarán o apoio expreso dos concellos e da institución provincial ao recurso de inconstitucionalidade que o Grupo Popular no Congreso dos Deputados presentará contra a Real Decreto-Lei 27/2020 para defender os intereses de todas as entidades locais e os aforros dos veciños, así como o seu rexeitamento ao procedemento negociador que o Goberno de España mantivo coa FEMP para chegar a un acordo que non comparten as entidades locais populares.
Relacionadas:
-
O PP de Pontevedra abre curso político demandando unha solución para os remanentes dos concellos
Por Redacción |
-
O PP pontevedrés insta a Pedro Sánchez a dar "marcha atrás" ao decreto sobre remanentes municipais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP quere que o pleno da Deputación reprobe a Abel Caballero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta pide cambiar a Lei Montoro para que os concellos poidan gastar os seus remanentes
Por Oskar Viéitez |
-
Lores fai fronte común con Almeida, "Kichi" e outros sete alcaldes contra a "incautación" de remanentes prevista por Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
Ofensiva do PP contra a "confiscación" dos remanentes dos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Cubela alerta da "extrema gravidade" que supón para os municipios a "incautación" dos seus aforros por parte do Goberno
Por Redacción |