Os educadores do Príncipe Felipe protestan contra o protocolo que lle impón funcións sanitarias
Por Redacción
O persoal educativo do centro de acollida de menores Príncipe Felipe de Pontevedra levou a cabo este xoves unha concentración diante da sede da Deputación de Pontevedra para mostrar o seu rexeitamento ao protocolo de medidas ante positivos por Covid-19 nesta institución que "foi imposto sen negociación e que impón funcións sanitarias ao persoal educativo", denuncian os representantes do sección administrativa do sindicato CIG.
Desde a central sinalan que os traballadores reclaman que o goberno provincial, encargado da xestión do centro, negocie o protocolo cos representantes sindicais do persoal e conte coa súa opinión para a elaboración do mesmo.
Neste sentido, a CIG e CC. OO solicitaron hai tempo unha reunión cos responsables políticos do centro "pero non obtivemos resposta", lamentan, ao mesmo tempo que advirten que no caso de que non se produzan avances nas súas demandas nos próximos días levarán a cabo novas mobilizacións, fixadas xa para os días 29 de setembro e 1 de outubro.
Relacionadas:
-
O PP pide á Deputación que reforce o persoal de Príncipe Felipe e mellore a seguridade no centro ante a Covid-19
Por Redacción |
-
As PCR practicadas aos traballadores de Príncipe Felipe que estiveron en contacto cun menor infectado dan negativo
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras protesta polos contaxios en Príncipe Felipe e a Deputación sae en defensa dos dereitos dos menores
Por Redacción |
-
Un menor do Príncipe Felipe permanece en illamento tras dar positivo nas probas de Covid
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada