Froiz e EDF Solar formalizan a adquisición dos terreos no Polígono de Barro
Por Redacción
Os grupos empresariais Distribucións Froiz e EDF Solar son titulares xa das súas parcelas no Polígono empresarial de Barro, que promove a Deputación de Pontevedra. Nos últimos días, os responsables destas empresas formalizaron a adquisición dos terreos coa firma para levar a cabo os seus proxectos neste espazo coa construción das súas instalacións operativas.
Carlos López Font, deputado de Réxime Interior, asinaba as escrituras de compravenda cos representantes das dúas entidades. Froiz será titular de dúas parcelas agrupadas, con superficies de máis de 44.826 metros cadrados e 27.847 metros cadrados respectivamente. A empresa de distribución de alimentos reservara estes espazos no 2016 e ata o momento exercía o denominado "dereito de superficie". Nestas parcelas o grupo empresarial Froiz creará o seu novo centro loxístico.
EDF, unha empresa que se dedica a Enerxía, Innovación e Desenvolvemento Fotovoltaico, é titular doutra parcela de 2.736 metros cadrados. Segundo informan desde a Deputación, o índice de ocupación da superficie dos terreos do polígono supera o 67% do total do espazo, que conta con 258.436 metros cadrados. Vendéronse 48 parcelas, un total de 174.020 metros cadrados, onde se instalaron 24 empresas.
O polígono situado en el municipio de Barro conta con outras 26 parcelas para a súa venda, que ocupan 83.916 metros cadrados.
Relacionadas:
-
Barro concede a licenza de construción a Froiz para construír o seu centro loxísitico
Por Redacción |
-
O polígono de Barro suma unha nova empresa e aproba dúas licenzas de construción
Por Redacción |
-
Aprobado en pleno o estudo para favorecer a circulación de camións cara o futuro centro loxístico de Froiz
Por Redacción |
-
Seis novas empresas se instalan no viveiro de Barro
Por Redacción |
-
Transfrío recibe a licenza municipal para asentar o seu centro loxístico en Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Barro concede licencia de primeira ocupación para a nave de conxelados de Froiz
Por Redacción |
-
Froiz consegue agrupar as parcelas para o seu novo centro loxístico no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |